A Leiteratura é un recordatorio para que cada día, todos os días, adiquemos un momento para nós. Un momento no que procuremos un bo libro, cunha cunca de leite morno, un lugar de calma e desconectemos para practicar a nosa sesión diaria de Leiteratura.
A Leiteratura quere animar a lectura como hábito de todos os días. Para recuperar o control do noso propio tempo. E para manter viva a nosa lingua.
Leiteratura é un momento para deixar as pantallas e dedicar á lectura. Recuperando ese espazo que os móbiles, ás veces, sen darnos conta rouban á lectura. Practicar a Leiteratura alimenta! Alimenta o corpo, grazas ó leite e alimenta a imaxinación, o coñecemento e a nosa mente, grazas á literatura.
O leite e a literatura son dous dos principais produtos de Galicia. A súa unión fala de pasado, presente e futuro. Fala dos galegos e galegas e do que somos quen de conseguir co esforzo de cada día. E que mellor día para celebrar este propósito que o Día das Letras Galegas.
XII Certame de Relatos Breves de Feiraco
Practicar a Leiteratura e fomentar a nosa lingua é importante, cada día. E escribir é unha das mellores formas de dar vida a nosa lingua. Por iso,desde Feiraco, como cada ano polo Día das Letras Galegas celebramos o XI Certame de Relatos Breves.
Aqueles que queiran participar neste certame e conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado a poetisa Luisa Villalta xa poden preparar os seus relatos. Estes deberán ser orixinais, estar escritos en galego, ter un máximo de 500 palabras e de temática libre, coa única condición de que a historia comece coa frase: «Púxenme a escoitar…»
Xa podes subir o teu relato á web leiteratura.feiraco.es , nesta páxina atoparás toda a información sobre o certame!