Receitas de Batch cooking con leite Feiraco

O batch cooking é a nova tendencia para aforrar tempo e comer saudable. Consiste en deixar preparados os ingredientes, ou mesmo os propios pratos, para telos listos para comer durante a semana. O gran esquecido en temas de organización sempre é o almorzo, pero aquí propoñémosche tres receitas fáciles con leite Feiraco para que non che tenten as galletas e o chocolate.

A nosa primeira proposta é con flocos de avea. É unha receita moi simple que se pode deixar preparada sen necesidade de engadir nada o día que a queiras comer. Mestúrase nun bol o leite, os flocos de avea mel, sal e canela, remóvese ben e déixase repousar. Reparte en 5 tarriños con tapa e encima engadimos uns arandos e noces. Pechamos os tarriños, metémolos na neveira e listo para gozar!

  • 250 g de flocos de avea
  • 1 litro de leite Feiraco
  • 5 culleradas de mel
  • 1 chisco de sal
  • 2 terrinas de arandos frescos
  • 15 noces
  • cucharadiña de canela en po

As sementes son ingredientes que lle dan un toque de sabor aos nosos almorzos. Por iso traémosche esta receita de Pudding de plátano e chía ao cacao. Mestúrase nun bol o leite e as sementes de chía, repártese en tarros con tapa e déixase repousar na neveira. O día que o vaias a comer, trituras a mestura con cacao, panela e o plátano e terémolo listo.

  • 150 ml de leite
  • 2 culleradas sopeiras de sementes de chía
  • 1 cullerada sopeira rasa de cacao en po
  • 2 culleiradas de panela
  • 1 plátano grande

Algunha vez probastes a quinoa para almorzar? Se che soa raro, despois de probar esta receita quererás facela sempre. Podes preparar un bol de quinoa cocida e deixalo na neveira e prepara o almorzo cando queiras comelo ou preparar toda a receita e gardala en tarros con tapa. Primeiro botas unha cunca de quinoa cocida nunha pota e engádeslle media cunca de leite xunto con 3 pingas de extracto de vainilla e quéntalo durante 5 minutos. Sérvelo nun recipiente e engádeslle arandos frescos ou deshidratados, unha cullerada de edulcorante e unha cullerada de améndoas tostadas. Facil e rico!

  • Quinoa
  • Leite Feiraco
  • Extracto de vainilla
  • Arandos
  • Améndoas

 

Cociña con Feiraco unhas madalenas de nata

Os iogures e o leite son bos sustitutos da nata en múltiples receitas, mais a nata para bater Feiraco aporta un sabor e textura singulares aos vosos pratos coa que marcaredes a diferenza. De cando en vez, agradécense receitas como biscoitos, bicas, tortas e mesmo madalenas con nata, como as que vos presentamos hoxe. Continue reading “Cociña con Feiraco unhas madalenas de nata”

Receitas infantís: filloas con iogur

Quen dixo que as filloas eran só para o Entroido? En calquera época de ano, son unha excelente alternativa para preparar unha merenda divertida e diferente para os pequenos da casa. Ademais, divertiranse como nunca axudándovos a preparalas! Continue reading “Receitas infantís: filloas con iogur”