Así nos foi na Semana Verde de Silleda!

Disque polas terras do Deza estivo a cocerse algo moi chulo a semana pasada! En Feiraco sabíamolo e… non podíamos faltar á cita da Semana Verde de Silleda! Montamos e vestimos de gala a caseta de CLUN para a ocasión cos nosos produtos e estivemos rodeados de tan boa xentiña que o pasamos moi moOoOi ben! Uns días emocionantes onde tivemos a oportunidade de coñecervos a moitos e moitas de vós! Alegrounos moitísimo poñervos cara.:)

Cooperativas Lácteas Unidas celebra en Santiago o «I Encontro de Socios»

CLUN expoñerálles aos seus socios a súa estratexia cooperativa e empresarial baseada no crecemento de actividades e servizos, novos produtos, internacionalización, sustentabilidade,  empoderamiento da muller, dixitalización e retorno cooperativo O grupo cooperativo e as súas sociedades teñen presenza en toda a economía gandeira: leite, iogures, queixos e sobremesas; carne de vacún, horta, bebidas vexetais, pensos,…

Nova campaña de Feiraco

Esforzo, compromiso, valor, entrega, traballo en equipo… Hai case 50 anos un grupo de gandeiros do val da Barcala uniuse co gran soño de crear un proxecto no rural galego movido por todos estes valores. Despois de medio século de andaina, Feiraco é hoxe o triunfo daquel reto, que parecía case unha quimera. Os nosos…