
Se es intolerante á lactosa e estás a buscar un leite máis dixestivo, o leite FEIRACO sen lactosa é a mellor opción, «Galega 100 %» con todas as propiedades e a máis alta calidade dende a orixe.
O leite Feiraco sen lactosa, nas súas dúas variedades, Semi e Desnatado, é a alternativa perfecta para aquelas persoas que buscan un leite sen lactosa sen renunciaren a todo o sabor do leite coa calidade Feiraco.
Ademais, igual que o resto de leites Feiraco, a variedade Sen Lactosa non contén glute e conta cos avais de garantía de Galicia Calidade e o selo da Asociación Española de Intolerantes a la Lactosa (ADILAC).
Agora novo envase: Máis cómodo, innovador e sustentable.
Ingredientes:
Leite de vaca UHT con 1,8% M.G. sen lactosa
Marcas de calidade:
Selos: