elixes Galicia 100%
elixes Galicia 100%
elixes Galicia 100%
Traballamos cada día ao carón de miles de gandeiros e gandeiras socios da nosa cooperativa, asesorándoos dende o primeiro paso: o coidado do noso campo. Porque… Sabemos que todo se decide no campo!
Levamos máis de 50 anos sendo un referente no sector lácteo galego, demostrando que se pode apostar por un modelo sostible no sector gandeiro, xerando emprego e riqueza no rural galego.
Pertencer a unha cooperativa permítenos ter o control total do proceso, coidando cada paso, dende o noso campo, ata a túa mesa.
OS NOSOS PRODUTOS
Pertencer a unha cooperativa permítenos ter o control total do proceso, coidando cada paso, dende o noso campo, ata a túa mesa.
COOPERATIVISTAS
DESDE 1968
Miles de gandeiras e gandeiros encárganse de facer de Feiraco o único leite galego de cooperativa, directo do noso campo e sen intermediarios.
Cooperativistas coma Álvaro forman o futuro do noso campo.
NOVIDADES
Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.
LAKTIS – Innovación e transferencia de coñecemento en sustentabilidade para o sector agrogandeiro lácteo (REGAGE24e00071667711), é un proxecto de intercambio de coñecemento no sector agroalimentario que nace cun obxectivo claro: impulsar a descarbonización do sector lácteo en Galicia e Asturias desde unha mirada colaborativa e territorial. A través da celebración de 11 eventos, promovemos o diálogo entre gandeiros, industria, cooperativas, expertos e administración para desenvolver ferramentas adaptadas á realidade de cada explotación e garantir que os coñecementos agrarios e innovacións do sector estean ao alcance de todas as persoas que os utilizan. LAKTIS está promovido por unha agrupación formada pola consultora MEDRAR INNOVATION OFFICE, cooperativas como COOPERATIVA RURAL GALEGA CLUN, CENTRAL LEITEIRA ASTURIANA, asociacións como ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGROALIMENTARIAS AGACA e industria como CAPSA FOOD. Ademais colaboran empresas punteiras en sustentabilidade como INNOGANDO, SOLID FOREST, PENTABIOL, ENTOMO AGROINDUSTRIAL, ODOS e investigadores da USC BioGroup e o profesor emérito Gregorio Salcedo. O proxecto busca, entre outros obxectivos, conseguir reducións entre o 5 e o 15% das emisións de carbono nas explotacións piloto e sensibilizar a máis de 200 persoas en relación coa sustentabilidade do sector lácteo. LAKTIS é beneficiario dunha axuda para o intercambio de coñecementos e actividades de formación e información de ámbito supraautonómico, destinadas ao sector agroalimentario e forestal, no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027; cofinanciadas ao 43% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural FEADER e ao 57% polo Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación. O montante total da axuda ascende a 326.777,11 €.



