Feiraco premia as Letras Galegas

  • Feiraco celebrou o 4 de xullo o acto de entrega dos galardóns correspondentes ao tradicional certame literario que convoca con motivo do Día das Letras Galegas.
  • Os gañadores da VI edición do certame de Microrrelatos de Feiraco foron Vili Rei, Alba Sánchez e Ariadna Fernández, na categoría de adultos; e Candela Millán, Ana Rosa Cantalejo e Alba Suárez, na de xuvenil.
  • No acto de entrega participaron, entre outros, o secretario Xeral de Política Lingüística, o académico da Real Academia Galega, o administrador da Fundación Carlos Casares, o vicepresidente e director da división láctea de CLUN e o ilustrador Siro López.

Feiraco entregou os galardóns aos gañadores do seu xa tradicional certame literario, que se celebra cada ano con motivo do Día das Letras Galegas. No acto participaron o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; o académico da Real Academia Galega, Xesús Ferro Ruibal o administrador da Fundación Carlos Casares, Häkan Casares; o vicepresidente e director da división Láctea respectivamente de CLUN, José Montes, Pablo Gómez, así como o ilustrador Siro López, que asinou bricks conmemorativos das Letras Galegas 2017 coa caricatura de Carlos Casares debuxada por el.

Todos os presentes recordaron a Carlos Casares con emotivas palabras e narraron anédcdotas que só os seus achegados e familiares, tamén presentes, podían coñecer.

Os galardoados desta edición de 2017 foron Vili Rei por O cantil cala, Alba Sánchez por Pan duro, e Ariadna Fernández por O mar, na categoría de adultos; e Candela Millán, Ana Rosa Cantalejo por Morriña e Alba Suárez por Nun recuncho do ceo, na de xuvenil.

Todas elas son composicións literarias breves, de ata 500 caracteres, que comezan pola frase da obra Deus sentado nun sillón azul “E alí estaba, sentado nun sillón azul” como xeito de homenaxe ao xornalista e escritor Carlos Casares ao que este ano se lle dedicou o 17 de Maio. Seu fillo, Häkan Casares, indicou que o autor sempre estivo preocupado por promover e potenciar novos talentos literarios.

O certame, cada ano máis consolidado e con participacións de moita calidade, incorporou como novidade esta edición unha nova categoría, a xuvenil, coa finalidade de fomentar a creación literaria en galego entre os máis novos. Entre os premios figuran diferentes seleccións de libros, entre os que se inclúe a Enciclopedia Galega Universal, ademais dunha escolma de obras literarias en galego, e variados lotes de produtos de Feiraco.

Guinda á conmemoración do Día das Letras Galegas

Con esta entrega de premios, Feiraco ponlle a guinda á conmemoración que cada ano leva a cabo polo Día das Letras Galegas. Unha iniciativa que reflicte o compromiso de CLUN co idioma propio, deixando constancia da plena identificación da compañía e as súas marcas con Galicia e os seus valores. Exemplos desta aposta pola identidade patrimonial, cultural e tradicional de Galicia, son as campañas estacionais do Entroido ou San Xoán.

Letras Galegas 2017 con sabor a Feiraco

  • A cooperativa CLUN lanza unha edición especial dun millón de briks de leite Feiraco coa imaxe de Carlos Casares
  • Será posible descargar unha das obras literarias do autor homenaxeado a través do código QR que figura nos cartóns

Continue reading “Letras Galegas 2017 con sabor a Feiraco”

VI Certame de Microrrelatos Feiraco. Participa!

 

Gústache escribir? Amósanos o teu talento literario, concentrado nun relato breve de tan só 500 caracteres con espazos, e axúdanos a demostrar que as nosas letras están máis vivas que nunca!

Unidos polas nosas letras

Por sexto ano consecutivo queremos sumarnos á celebración das Letras Galegas, a festa máis importante da nosa literatura. E facémolo coa convocatoria dunha nova edición do noso xa tradicional Certame de Microrrelatos Feiraco, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

O 17 de maio non é una data calquera para nós: a lingua e a cultura galegas son parte do noso xeito de ser. Con este certame non só queremos renderlle homenaxe ao autor escollido este ano pola Real Academia Galega, Carlos Casares, senón tamén contribuír a seguir impulsando e potenciando o noso idioma. En Feiraco, agora como parte de CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas) temos un firme compromiso con Galicia dende hai case 50 anos, que abrangue o noso método de traballo e os nosos valores.

Rolda de prensa oficial da presentación da VI edición do Certame de Microrrelatos Feiraco

Anímaste a participar? Sigue estes pasos!

E alí estaba, sentado nun sillón azul”. Como sigue esta historia?

Este é o punto de inicio a partir do cal tedes que escribir un relato en galego de ata 500 caracteres con espazos. A frase non é casualidade: é o noso particular tributo a Carlos Casares, tomando como inspiración o título dun dos seus libros máis coñecidos: “Deus sentado nun sillón azul”. Despois, só cómpre que o compartades con nós a través da aplicación do concurso dispoñible na nosa web.

Establecemos por primeira vez dúas modalidades de participación. Así, ademais da categoría de adultos (19 anos en adiante), inauguramos una categoría xuvenil (13 a 18 anos) para dinamizar a lingua e a creación literaria entre a mocidade.

Os primeiros premios de cada categoría recibirán cadanseu exemplar da Enciclopedia Galega Universal e os catro restantes, un lote de libros de literatura galega cedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, ademáis de produtos Feiraco.

Podedes participar ata o 17 de maio! Un xurado conformado por escritores, membros de Feiraco e da Secretaría Xeral de Política Lingüística escollerán os tres relatos gañadores de cada categoría, que se anunciarán o 5 de xuño.

Agardamos polos vosos relatos. Moita sorte!

 

[dt_divider style=”thin” /]

 

Gañadores Relatos Breves 2017

Noraboa aos gañadores do VI Certame de Microrrelatos Feiraco! Cada ano poñédesnolo máis difícil! Grazas a todos por participar!

CATEGORÍA ADULTOS

1º Premio. Vili Rei. 9,1 puntos

2º Premio. Alba Sánchez Ares. 9 puntos

3º Premio. Ariadna Fernández González. 8,9 puntos

CATEGORÍA XUVENIL

1º Premio. Candela Millán López. 9 puntos

2º Premio. Ana Rosa Cantalejo Marín. 8,5 puntos

3º Premio. Alba Suárez Fraga. 8,5 puntos

VI Certame de relatos breves FEIRACO

Gañadores Relatos Breves 2017

Noraboa aos gañadores do VI Certame de Microrrelatos Feiraco! Cada ano poñédesnolo máis difícil! Grazas a todos por participar!

 

CATEGORÍA ADULTOS

1º Premio. Vili Rei. 9,1 puntos

2º Premio. Alba Sánchez Ares. 9 puntos

3º Premio. Ariadna Fernández González. 8,9 puntos

 

CATEGORÍA XUVENIL

1º Premio. Candela Millán López. 9 puntos

2º Premio. Ana Rosa Cantalejo Marín. 8,5 puntos

3º Premio. Alba Suárez Fraga. 8,5 puntos