Este ano, en FEIRACO celebramos o Día das Letras Galegas cunha homenaxe moi especial á nosa identidade cultural baixo o lema “Galicia é campo de artistas”. Porque non hai mellor maneira de honrar a nosa lingua que exaltando o folclore tradicional, ese que nos conecta co pasado e nos fai únicos no presente.
En colaboración co recoñecido grupo Xacarandaina, lanzamos a noa propia academia de folclore online, dispoñible en vivefeiraco.es, onde poderás gozar de clases abertas para sentir e aprender os fundamentos do noso folclore: 🎶 Introdución á pandeireta 🕺 Pasos básicos da muiñeira 🎤 Canto e ton no folclore
XIII Certame de Microrrelatos FEIRACO
E para seguir fomentando a creatividade e a paixón pola lingua, tamén abrimos o XIII Certame de Microrrelatos que nesta edición convida a contar historias protagonizadas por cantareiras e pandeireteiras, achegando a poesía oral tradicional ás novas xeracións. Hai dúas categorías —xuvenil e adulta— e os premios inclúen unha pandeireta e unhas tarrañolas conmemorativas, ademais dun lote de produtos FEIRACO.
Así que xa sabes… A darlle á imaxinación e ao boli que o prazo para participar xa está aberto!
Con esta campaña, reafirmamos o noso compromiso coa cultura galega, co orgullo de sementeira e coa ilusión de seguir facendo das Letras Galegas 2025 un verdadeiro campo de artistas 😉
Como cada ano, dende Feiraco co motivo das Letras Galegas animamos a todos os alumnos e alumnas de Galicia a escribir en galego participando no XI Certame de Relatos Breves que organizamos en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Presentación oficial do certame
O pasado mércores 10 de maio presentamos o certame por todo o alto no emblemático centro compostelán IES Rosalía de Castro.
Tivemos o privilexio de contar con Esther Estévez como madriña e condutora do acto. Esther compartiu con nós algunha que outra anécdota da súa historia co galego ademais de deixarnos algún aprendizaxe lingüístico. Sabedes o que significa ‘muxir’? Os alumnos de 1º e 2º da ESO do Rosalía de Castro tivérono bastante claro ?
Xabier Mouriño, director do IES Rosalía de Castro tamén aproveitou a ocasión para contarnos como dende o centro animan a todos os alumnos e alumnas a empregar o galego. Ademais, anunciou a estrea da obra de teatro protagonizada polos alumnos do instituto que se estreaba xustamente ese mesmo día.
Tamén tivemos a sorte de contar coa presenza de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística. Este recordoulle a todos os rapaces o importante que é o seu papel para que o futuro sexa en galego. Animounos a seguir empregando a nosa lingua e por suposto, a participar no certame.
Jessica Rey, a nosa directora de marketing e comunicación tamén interveu no evento, contándonos o xa histórico compromiso de Feiraco co galego. Tamén nos explicou un pouco máis sobre a iniciativa FALAREI! e a súa conexión co autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas, Franciso Fernández del Riego.
Como podes participar no certame?
Poden participar no certame todos os alumnos de 5º e 6º de Primaria e os alumnos de 1º e 2º da ESO de todos os centros de Galicia.
Os alumnos deberán redactar un relato breve en galego que aconteza na Galicia do futuro.
Entre todos os microrrelatos, cada centro deberá seleccionar dous, un por nivel, e subir os elixidos á web falarei.gal antes do día 9 de xuño.
Temos moitos premios en xogo!
Participar no XI Certame de Relatos ten premio seguro. Pois os 1.000 primeiros alumnos e alumnas en participar recibirán un estoxo de Feiraco.
Osfinalistas elixidos por cada centro recibirán ademais un caderno de Feiraco.
E para os gañadores ou gañadoras e toda a súa clase… Unha excursión a unha das nosas granxas!
Ben sabedes que en Feiraco un dos fitos que máis nos gusta do almanaque… é o Día das Letras Galegas! Levámolo no ADN! Este 2022, como non podía ser doutro xeito, volvemos aportar a nosa particular pinga de leite para poñer en valor a nosa lingua e a nosa literatura, das que estamos taaaan orgullosos. O 16 de maio tivemos o pracer de poñerlle a guinda á nosa campaña #EnGalegoSabeMellor coa celebración dunha serie de actos nos concellos de Ourense e O Barco de Valdeorras, onde tivemos a oportunidade de coñecervos a moitos e moitas de vós a pé de rúa e de colaborar en sendas homenaxes a Florencio Delgado Gurriarán. Un día cheo de emocións!
Primeira parada… Ourense!
Comezamos a xornada agasallando ceeentos de litros de leite Feiraco da nosa edición especial Letras Galegas 2022 na rúa Progreso de Ourense, onde convidamos aos viandantes a descubrir os versos de Gurriarán nos nosos briks e a apuntarse no Club Feiraco para gañar un dos 20 packs de caneca e libro ilustrado que estamos a sortear nas redes. Graciñas a todos e todas polo acollemento e o cariño que nos fixestes chegar, sodes ben riquiños/as!
Xusto despois participamos na homenaxe á figura de Florencio Delgado Gurriarán no Centro Cultural Valcárcel, onde interviron o Director Xeral de CLUN, Juan Gallástegui, e o vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández. Todo amenizado coa fermosa actuación do músico Ramiro Núñez, máis coñecido como “Sr. Jingles”, que interpretou unha selección de poemas musicados do autor. Unha auténtica delicia que desfrutamos a tope!
Tarde no Barco de Valdeooras
E pola tarde… puxemos rumbo ó BarcodeValdeorras! Grazas tamén a todos os valdeorreses/as que pasastes polo posto que preparamos no Paseo do Malecón e levastes un envase de leite Feiraco para a casa. Tamén aquí participamos noutra homenaxe á figura de Florencio Delgado. E de novo moi ben acompañados! Neste caso contamos con Ricardo Gurriarán, autor da biografía do autor; o Director xeral de CLUN, Juan Gallástegui; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o alcalde do Barco, Alfredo García. Sr. Jingles puxo de novo a nota musical e o mellor de todo: asistiron tamén das fillas do autor homenaxeado, o que sen dúbida fixo máis emotivo se cadra o evento.
Un día para a lembranza e para dicir ben alto… EN GALEGO SABE MELLOR!!!
Repartimos 1.500 litros de leite en Ourense
As nosas azafatas, listas para a acción
Sr. Jingles
Feiraco levou as letras ata a Deputación de Ourense
Maaaaarchando leite con Letras Galegas Feiraco! ??
En Feiraco temos claro que cando alguén escribe poesía na nosa lingua, chegándonos ao corazón, merece o recoñecemento de todos os galegos e o noso, o primeiro. Por iso, vestimos os nosos envases de Letras Galegas cun deseño novo en homenaxe a Florencio Delgado, o galardoado desta edición, pero co sabor de sempre e que xa podes mercar nas tendas ou supermercados. ?
Nesta edición especial Día das Letras Galegas atoparás nos envases de Feiraco unha pequena biografía sobre a vida de Florencio Delgado e tamén un dos poemas do seu libro “Galicia Infinda”. Un gran exemplo de compromiso coa súa querida Galicia que levou mesmo ata o outro lado do océano, a México, e de aí que estes teñan tamén a bandeira do país que o acolleu no exilio.
E se es das persoas que sinte que a felicidade reside en ler un bo libro acompañado dunha caneca de leite 100 % galego, faite co Kit Letras Galegas Feiraco.
Gústache escribir? Amósanos o teu talento literario, concentrado nun relato breve de tan só 500 caracteres con espazos, e axúdanos a demostrar que as nosas letras están máis vivas que nunca!
O 17 de maio non é una data calquera para nós: a lingua e a cultura galegas son parte do noso xeito de ser. Con este certame non só queremos renderlle homenaxe ao autor escollido este ano pola Real Academia Galega, Carlos Casares, senón tamén contribuír a seguir impulsando e potenciando o noso idioma. En Feiraco, agora como parte de CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas) temos un firme compromiso con Galicia dende hai case 50 anos, que abrangue o noso método de traballo e os nosos valores.
Rolda de prensa oficial da presentación da VI edición do Certame de Microrrelatos Feiraco
Anímaste a participar? Sigue estes pasos!
“E alí estaba, sentado nun sillón azul”. Como sigue esta historia?
Este é o punto de inicio a partir do cal tedes que escribir un relato en galego de ata 500 caracteres con espazos. A frase non é casualidade: é o noso particular tributo a Carlos Casares, tomando como inspiración o título dun dos seus libros máis coñecidos: “Deus sentado nun sillón azul”. Despois, só cómpre que o compartades con nós a través da aplicación do concurso dispoñible na nosa web.
Establecemos por primeira vez dúas modalidades de participación. Así, ademais da categoría de adultos (19 anos en adiante), inauguramos una categoría xuvenil (13 a 18 anos) para dinamizar a lingua e a creación literaria entre a mocidade.
Os primeiros premios de cada categoría recibirán cadanseu exemplar da Enciclopedia Galega Universal e os catro restantes, un lote de libros de literatura galega cedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, ademáis de produtos Feiraco.
Podedes participar ata o 17 de maio! Un xurado conformado por escritores, membros de Feiraco e da Secretaría Xeral de Política Lingüística escollerán os tres relatos gañadores de cada categoría, que se anunciarán o 5 de xuño.
Agardamos polos vosos relatos. Moita sorte!
[dt_divider style=”thin” /]
Gañadores Relatos Breves 2017
Noraboa aos gañadores do VI Certame de Microrrelatos Feiraco! Cada ano poñédesnolo máis difícil! Grazas a todos por participar!
CATEGORÍA ADULTOS
1º Premio. Vili Rei. 9,1 puntos
2º Premio. Alba Sánchez Ares. 9 puntos
3º Premio. Ariadna Fernández González. 8,9 puntos
CATEGORÍA XUVENIL
1º Premio. Candela Millán López. 9 puntos
2º Premio. Ana Rosa Cantalejo Marín. 8,5 puntos
3º Premio. Alba Suárez Fraga. 8,5 puntos
Gestionar el consentimiento de las cookies
Instalamos en tu navegador cookies técnicas para que el sitio web funcione correctamente y cookies analíticas opcionales para conocer qué uso haces de nuestra web y las secciones que visitas. Más información en nuestra
Funcional
Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.