Yogu+, a forma máis divertida de tomar iogur

Listo para levar e listo para tomar. O iogur líquido de Feiraco para adaptarnos ás necesidades dos máis pequenos da casa!

Amorodo ou natural azucrado? O iogur bebible Iogu+ Feiraco é fonte de calcio e combina todos os beneficios dos iogures coas mellores propiedades da froita para ofrecerche unha alternativa saudable perfecta para as comidas e merendas, tanto dentro como fóra da casa.

O seu formato en brik con palliña e a súa conservación a temperatura ambiente fan do noso iogur líquido un alimento práctico e funcional. Na escola, no parque, na praia, para despois de facer deporte… Ten sempre un Yogu+ Feiraco a man!

Por suposto, o iogur bebible Iogu+ está elaborado con leite 100 % galego, non contén glute e conta con todas as garantías de calidade de Feiraco.

Ingredientes:

Yogu+ Feiraco natural azucrado
Leite parcialmente desnatado, azucre (7%), almidón modificado de millo, xelificante (pectina), proteína de soro de leite e fermentos lácteos (L.bulgaricus e S. thermophilus). Orixe do leite España (Galicia).

Yogu+ Feiraco amorodo
Leite parcialmente desnatado, azucre, preparado de amorodo (5%) (auga, xarabe de glucosa, puré de amorodo , sacarosa, almidón modificado de millo, aroma, concentrado de cenoira negra, conservante da froita (sorbato potásico), corrector de acidez (ácido cítrico)), almidón modificado de millo, xelificante (pectina), proteína de soro de leite e fermentos lácteos (L.bulgaricus e S. thermophilus). Orixe do leite España (Galicia).

Marcas de calidade:

galcalidade