Receita do pastel de pescada co leite desnatado Feiraco

En FEIRACO estamos coa preparación das recetas do Nadal.? Hoxe fixemos un pastel de pescada co noso leite desnatado. Tomade nota porque o resultado foi espectacular! ?✨

 

Continue reading “Receita do pastel de pescada co leite desnatado Feiraco”

Receita de biscoito de Yogu+ Feiraco

Nin os peques da casa nin os maiores resistiránse a esta receita feita co Yogu+ Feiraco! Toda unha tentación gastro para a xente que anda na procura de saborear un biscoito de iogur diferente, pero moi saboroso. E o mellor de todo… leva o noso iogur bebible elaborado con leite 100 % galego! Que máis se pode pedir?

 

Continue reading “Receita de biscoito de Yogu+ Feiraco”

Receita da rosca de Pascua con leite Feiraco

Pan de ovos, boleardos, periquito, trenza de ovo, carrapito… chámalle como queiras! Temos unha ducia de nomes e doces que varían por zonas. O que si é que a rosca galega de Pascua é sinónimo de festa e hoxe traémosche a nosa receita. Imos quentando motores para este #VenresLarpeiro que está por vir!

 

Continue reading “Receita da rosca de Pascua con leite Feiraco”

Receitas de Batch cooking con leite Feiraco

O batch cooking é a nova tendencia para aforrar tempo e comer saudable. Consiste en deixar preparados os ingredientes, ou mesmo os propios pratos, para telos listos para comer durante a semana. O gran esquecido en temas de organización sempre é o almorzo, pero aquí propoñémosche tres receitas fáciles con leite Feiraco para que non che tenten as galletas e o chocolate.

A nosa primeira proposta é con flocos de avea. É unha receita moi simple que se pode deixar preparada sen necesidade de engadir nada o día que a queiras comer. Mestúrase nun bol o leite, os flocos de avea mel, sal e canela, remóvese ben e déixase repousar. Reparte en 5 tarriños con tapa e encima engadimos uns arandos e noces. Pechamos os tarriños, metémolos na neveira e listo para gozar!

  • 250 g de flocos de avea
  • 1 litro de leite Feiraco
  • 5 culleradas de mel
  • 1 chisco de sal
  • 2 terrinas de arandos frescos
  • 15 noces
  • cucharadiña de canela en po

As sementes son ingredientes que lle dan un toque de sabor aos nosos almorzos. Por iso traémosche esta receita de Pudding de plátano e chía ao cacao. Mestúrase nun bol o leite e as sementes de chía, repártese en tarros con tapa e déixase repousar na neveira. O día que o vaias a comer, trituras a mestura con cacao, panela e o plátano e terémolo listo.

  • 150 ml de leite
  • 2 culleradas sopeiras de sementes de chía
  • 1 cullerada sopeira rasa de cacao en po
  • 2 culleiradas de panela
  • 1 plátano grande

Algunha vez probastes a quinoa para almorzar? Se che soa raro, despois de probar esta receita quererás facela sempre. Podes preparar un bol de quinoa cocida e deixalo na neveira e prepara o almorzo cando queiras comelo ou preparar toda a receita e gardala en tarros con tapa. Primeiro botas unha cunca de quinoa cocida nunha pota e engádeslle media cunca de leite xunto con 3 pingas de extracto de vainilla e quéntalo durante 5 minutos. Sérvelo nun recipiente e engádeslle arandos frescos ou deshidratados, unha cullerada de edulcorante e unha cullerada de améndoas tostadas. Facil e rico!

  • Quinoa
  • Leite Feiraco
  • Extracto de vainilla
  • Arandos
  • Améndoas

 

Cociña con Feiraco dous pratos salgados

 

Os produtos lácteos como a nata e o leite son perfectos para cociñar deliciosos e saudables pratos salgados. Feiraco ofrece unha amplia gama de produtos para enriquecer as túas comidas como o noso leite 100% galego, certificado coas máximas garantías de calidade, e a nosa nata para cociñar Feiraco, un ingrediente fundamental para acompañar calquera alimento como carne, pescado ou verdura, con só un 18% de materia graxa e sen glute.

Se o que desexas é engadir un toque máis cremoso ás túas receitas, podes combinar ambos produtos co Queixo Feiraco D.O., grazas ao seu sabor suave e a súa textura tenra.

Empregar estes tres produtos para cociñar os teus pratos na casa con ingredientes frescos de tempada, será todo un acerto para o teu padal e a túa saúde. E agora que estamos en outono traemos dúas receitas destas datas para cociñar con Feiraco:  Revolto de cogomelos e castañas, e Quiche de lacón con grelos.

grafica-recetact31

Quiche de lacón con grelos

Ingredientes:

150 g de grelos cocidos 

150 g de lacón cocido 

Aceite de oliva virxe extra, sal e pementa

1 lámina de masa brisa 

1 cebola pequena 

4 ovos  

150 ml de leite ou nata para cociñar Feiraco 

150 g de queixo Arzúa-Ulloa Feiraco

Preparación:

• Forramos un molde coa masa brisa e cocemos no forno a 200ºC ata que estea dourada. Reservamos. 

• Picamos a cebola e sofritimos uns minutos. Engadimos o lacón cocido e os grelos escorridos. Salpimentamos. 

• Batimos os ovos e engadimos o leite e 100 g de queixo. 

• Vertemos na masa primeiro o sofrito, a continuación o batido de ovos e leite, e por enriba queixo relado.

• Levamos a tarta ao forno a 200ºC, ata que estea callada.

grafica-recetact30-01-01

Revolto de cogomelos e castañas

Ingredientes:

200 g Cogomelos de distintas variedades

200 g de castañas galegas

4 ovos

1 xorro de nata para cociñar Feiraco

1 ceboliña

Aceite de oliva, pementa e sal

4 rebanadas de pan galego 

250 g de queixo Feiraco Arzúa-Ulloa

Preparación:

• Escaldamos as castañas en auga fervendo. Escorremos e envolvemos nun pano limpo para pelar a pel. Troceamos e fritimos en aceite de oliva. Deixámolas escorrer sobre papel de cociña. 

• Gratinamos no forno as rebanadas de pan co queixo Feiraco Arzúa-Ulloa por riba.

• Pochamos a ceboliña picada. Cando estea transparente, engadimos os cogomelos limpos e troceados. Engadimos os ovos e nata batidos para o revolto. Salpimentar.

• Sobre o pan con queixo fundido, servimos o revolto e adornamos coas castañas.

Bó proveito!

Sorteo Feiraco temos un trato con Galicia

Feiraco sortea 100 lotes de produtos artesáns galegos

No marco da nosa campaña Temos un trato con Galicia; é un bo trato para ti, entre o 24 de otubro e  1 de xaneiro de 2017 sortearemos cada semana 10 lotes sorpresa por valor de 80 euros cada un. En total, 100 lotes de produtos. Hai dúas formas de participar. Escolla a túa!  Continue reading “Sorteo Feiraco temos un trato con Galicia”

Feiraco ten un trato con Galicia

Feiraco fai un trato con Galicia

Desde a cooperativa de gandeiros facemos partícipes aos nosos consumidores dos valores propios que vertebran a nosa actividade: o orgullo de ser galegos, o coidado da contorna natural, a solidariedade e o traballo ben feito. Un traballo que ten unha gran recompensa: o mellor leite do mundo.

En Feiraco mantemos un firme compromiso coa calidade para ofrecerche os mellores produtos lácteos, saudables e elaborados de maneira responsable e sustentable só con leite galego 100% das nosas ganderías. Ademais, apostamos polo fomento do desenvolvemento económico e social de Galicia, dando valor e apoiando a produción gandeira dos nosos socios.

 

O noso segredo, os gandeiros

Feiraco pertence a un grupo de gandeiros galegos e o leite que se utiliza nos seus produtos procede exclusivamente das súas vacas.

Os nosos gandeiros son a chave da creación de Feiraco como cooperativa. Socios que souberon adaptarse aos cambios do paso do tempo e que fixeron posible a modernización do agro galego. Todos eles son a historia viva de Feiraco que axudaron, co seu esforzo, a construír a Galicia de hoxe.

Sabías que a Cooperativa Feiraco está formada por 2.114 socios e 490 ganderías que nos entregan leite, todas elas situadas en Galicia?

Este é o segredo dos nosos produtos lácteos e do mellor leite do mundo. Gózaos.

Receitas infantís: filloas con iogur

Quen dixo que as filloas eran só para o Entroido? En calquera época de ano, son unha excelente alternativa para preparar unha merenda divertida e diferente para os pequenos da casa. Ademais, divertiranse como nunca axudándovos a preparalas! Continue reading “Receitas infantís: filloas con iogur”