Celebramos o San Xoán homenaxeando á terra, á tradición e ao feito a man

Dende FEIRACO lanzamos unha edición limitada dunha cunca inspirada nas herbas típicas desta festividade.

Poderase conseguir durante o mes de xuño participando no sorteo organizado a través das nosas redes sociais oficiais ou comprando unha caixa de leite e cubrindo un formulario. 

Presentamos, como cada ano, unha iniciativa para celebrar o San Xoán, unha das festas máis arraigadas e con máis maxia do calendario galego cunha acción coa que buscamos poñer en valor a tradición, o patrimonio cultural galego, a conexión coa terra e o respecto pola artesanía local e o feito a man. 

Baixo o lema “O leite de sempre, na cunca de San Xoán”, lanzamos unha edición limitada dunha cunca inspirada nas sete herbas típicas desta festividade creada en colaboración con Laura Ventoso, artesá en Risoma Cerámica. Un coidado deseño no que se mestura delicadeza, identidade e respecto polas raíces, plasmando o que é todo un símbolo de tradición galega. Faise, deste xeito, unha homenaxe á terra, á tradición e ao feito a man.

Así pois, con esta iniciativa, desde FEIRACO tratamos de reivindicar o valor da cultura tradicional galega, da artesanía como forma de expresión e transmisión, e do vínculo emocional co territorio. 

Como conseguir unha cunca de San Xoán?

A promoción estará activa ata o día grande desta festa, o 24 de xuño. As persoas interesadas poderán conseguir a súa cunca a través de dúas canles: 

Participando no sorteo organizado nas redes sociais oficiais de FEIRACO en Instagram e Facebook. 

Mercando unha caixa de leite FEIRACO:

  • Merca unha caixa de leite (6 litros de calquera das nosas referencias)
  • Fai unha foto do tícket de compra xunto coa caixa.
  • Completa este formulario e sube o tícket de compra.

Con esta acción, reafirmamos o noso compromiso co medio rural e coa cultura galega, apostando pola colaboración con creadoras locais e pola visibilización das tradicións que forman parte do ADN do rural galego.

Co San Xoán, comeza o verán!

En Feiraco, celebramos as festas da nosa terra. Festas cheas de tradicións coma o San Xoán ? E co San Xoán, xa sabes, comeza o verán e hai que celebralo!

Por iso, temos un regalo especial de verán para todos vós: unha pelota para xogar na praia, ou onde ti queiras este verán!

 

Poderás conseguila de diferentes xeitos:

? Participando nos sortemos que realizaremos nas nosas redes sociais

?Mercando unha caixa de leite en diferentes supermercados de Galicia

?Uníndote ao Club Feiraco e participando nos nosos sorteos

 

Faite coa túa pelota Feiraco, e comeza a desfrutar de todas as cousas marabillosas do verán galego! ☀️

Co San Xoán, comeza o verán! ?☀️

Gaña un novo amuleto para este San Xoán!

O San Xoán galego caracterízase por estar cheo de rituais de purificación e protección. Ademais dos xa tradicionais, quixemos engadir un novo amuleto para conseguir un extra de protección e repartir máis sorte entre os galegos: os sanandresiños. 

Di a tradición que todo aquel que teña os sanandresiños estará sempre acompañado pola sorte. Cada figura representa a sorte nun ámbito distinto:  

A flor para o amor. 

A barca para as viaxes. 

O santo para a saúde e a amizade. 

A sardiña para o alimento. 

A man para os estudos.  

A escaleira para o traballo. 

A coroa para a protección.  

A pomba para a paz.

Pero faltaba un amuleto fundamental para nós, un amuleto que aporte moita sorte ao rural e os gandeiros e gandeiras da nosa terra. Por iso creamos un sanandresiño de vaca para engadir á colección. 

 

Jorge Bellón é un dos poucos artesáns que continúa coa tradición de elaborar estes amuletos tradicionais de San Andrés de Teixido feitos con miga de pan. El foi o encargado de crear esta peza exclusiva que queremos compartir con todos vós nunha das datas máis máxicas do ano: o San Xoán.

Como podo conseguir un destes sanandresiños 

Estamos SORTEANDO 8 ATADOS DE SANANDRESIÑOS EXCLUSIVOS para o San Xoán nas nosas redes sociais.  

Así que, se queres conseguir un destes 8 sanandresiños só tes que seguir os pasos que atoparás no noso Instagram.   

Participar é moi sinxelo! 

Ata cando podo participar?  

O sorteo levarase a cabo dende o xoves 15 de xuño de 2023 ata o venres 23 de xuño de 2023 ás 10.00h.  

Non perdas a oportunidade de ter un extra de protección durante todo o ano grazas aos sanandresiños de Feiraco! ? 

sanandresiños-san-xoan

A Terra dos Mil San Xoáns: temos preparada unha sorpresa para ti!

Coñeces a frase que di que Galicia é a terra dos mil ríos? Pois tamén é a terra dos mil San Xoáns. Auga, lume, herbas, meigas… unha morea de rituais para a Noite Meiga.

En Feiraco estamos preparando a caixa das Mil Cousas do San Xoán para que non che falte de nada para o gran día. Estas son as ?herbas do San Xoán, queres que chas enviemos á casa? Pois agora podes conseguir as herbas e toooodo o necesario para celebrar esta festa como se merece ?

Continue reading “A Terra dos Mil San Xoáns: temos preparada unha sorpresa para ti!”

Gaña a camiseta San Xoán Feiraco 2020!

 

Achégase o San Xoán e, aínda que non será como outros anos, en Feiraco seguimos celebrando por todo o alto as nosas tradicións. Temos estas 10 camisetas edición especial Feiraco para sortear con motivo do 24 de xuño. Continue reading “Gaña a camiseta San Xoán Feiraco 2020!”

Participa no #SanXoánFeiraco! Sorteamos 100 mochilas

 

O San Xoán, co seu inconfundible aroma a sardiñas e cachelos, é unha das festas con maior arraigamento e tradición en Galicia. Como todos os anos, en Feiraco quixemos sumarnos á celebración cun concurso no noso perfil de facebook. Este ano sorteamos 100 mochilas dunha edición especial elaborada co gallo do 50 aniversario de Feiraco, e que son perfectas para levar de excursión este verán e gozar do marabilloso patrimonio natural que temos en Galicia.

Para participar é tan sinxelo como deixar un comentario na publicación do sorteo contándonos cal é a vosa tradición para celebrar a noite máis meiga do ano. Moita sorte e grazas pola vosa fidelidade!

Quero participar

 

Este verán presume de toalla Feiraco!

Xa sabedes que en Feiraco sempre estamos argallando concursos e promocións nas nosas redes sociais para premiar a vosa fidelidade! E por suposto, gústanos sumarnos a todas esas datas significativas do almanaque galego, como o Entroido, as Letras Galegas ou o San Xoán. E precisamente este San Xoán quixemos premiar a todos os nosos seguidores/as galegos/as cun sorteo moi especial: 300 toallas personalizadas Feiraco para encher este verán as praias de Galicia.

Continue reading “Este verán presume de toalla Feiraco!”