Cooperativa é calidade
Só a nosa cooperativa pode garantirche trazabilidade 100% dos produtos lácteos que chegan á túa mesa. Sabías por qué?
Porque temos o control de principio a fin, traballando día a día cos nosos socios e socias, aos que apoiamos e ofrecemos servizos para que as súias granxas dén o mellor de si.
Os cooperativistas son a peza clave do Método Feiraco.
Antes que o leite, están as vacas
Os cooperativistas reciben asesoramento técnico permanente para o coidado da saúde das nosas vacas.
Elaboramos os nosos piensos
O que unido ós mellores forraxes galegos, garante a produción dun leite de gran calidade.
Non hai leite como o da casa
Por iso só recollemos leite 100% galego das ganderías dos nosos cooperativistas.
Controlamos e optimizamos todo o proceso
Incluíndo o envasado, almacenamento e distribución.
Cooperativa é Calidade
É así como os nosos cooperativistas conseguen manter a calidade de principio a fin, ata que o noso leite chega ás túuas mans.
Certificacións de calidade
Que orgullosos estamos destes selos! Son o recoñecemento ó labor que cada día realizan os nosos gandeiros e gandeiras para levar á túa mesa os mellores produtos lácteos. Descubre o que significan!
Galega 100%
É un selo concedido pola Asociación Laboratorio Interprofesional Galego e Análise do Leite (LIGAL). Non só garante que o leite é galego, senón tamén que é excelente! Implica que a materia prima utilizada procede exclusivamente das granxas inscritas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada, superando as esixencias establecidas pola Unión Europea.
Galicia Calidade
Algo máis que un simple selo, unha insignia! Para o consumidor, a marca Galicia Calidade non só garante a orixe galega do produto, senón que é un aval de confianza, prestixio e calidade.
SAE
Dende Galicia para o mundo! Por suposto, con todas as garantías de seguridade alimentaria e trazabilidade. En Feiraco contamos con este selo clave para as nosas exportacións e que garante que o envío de produtos alimentarios a fóra da Unión Europea conta cos máximos requerimentos esixidos de seguridade, calidade e control.
Carbón Neutral
Só temos un planeta, coidémolo! A certificación Carbón Neutral garantiza que no proceso de fabricación dos nosos envases reducimos a cero as emisións de CO2 á atmosfera.
FSC
O material empregado na fabricación dos nosos envases procede de bosques xestionados de forma sostible, o que garantiza que contribúe á preservación do medio ambiente.
IFS Food
A nosa fábrica conta coa prestixiosa certificación IFS Food, que garantiza os estándares máis elevados de seguridade alimentaria. Este selo certifica e valida os nosos procesos de produción, envasado e tratamento segundo as principais consignas de seguridade alimentaria, toda unha garantía para os nosos consumidores.
Innovación 360º
A nosa única constante é… non parar nunca! Dende o departamento de I+D+i traballamos arreo en dúuas áreas:
- Investigación: Poñemos o noso coñecemento e experiencia participando en proxectos europeos, nacionais ou autonómicos, en colaboración con universidades e centros tecnolóxicos.
- Innovación: Dito doutro xeito, sempre buscando a maneira de facer as cousas dun xeito diferente! Isto abrangue dende procesos de traballo ata como mellorar os nosos produtos ou lanzar novas propostas ao mercado.