Só leite de cooperativa
Dende hai máis de 50 anos Feiraco é un referente no sector lácteo galego, demostrando que se pode apostar por un modelo sustentable no sector gandeiro, xerando emprego e riqueza no rural.
En 2017, xunto coas cooperativas Os Irmandiños e Melisanto, emprendemos o proxecto líder no cooperativismo galego, uníndonos nunha soa cooperativa: CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas).
Descubre a historia dunha gran cooperativa
Actualmente contamos con 2.500 socios e socias e preto de 500 gandarías, todas elas concentradas na área de influencia das comarcas coruñesas de Santiago, Ordes e Arzúa, o que contribúye non só na calidade e trazabilidade dos nosos produtos, senón tamén a deixar unha menor pegada de carbono.
Todo conta no coidado do medio ambiente!
Elixe Galicia ao 100%
Ti tamén sumas coa túa decisión de compra! Pertencemos á única cooperativa que só envasa leite das ganderías dos nosos cooperativistas. Sabes o que elixes cando elixes Feiraco?
- Elixes o traballo de miles de gandeiros e gandeiras, que apostan polo rural como medio de vida, xerando riqueza na nosa terra. Eles son os únicos donos e decisores da cooperativa.
- Elixes un modelo de negocio sen intermediarios no que os cooperativistas reciben un pago xusto polo leite.
- Elixes economía de proximidade. Somos lácteos KM 0! Todas as granxas están nun radio de apenas dúwas horas da nosa fábrica de Ames! Maior frescura, imposible.
- Elixes calidade dende a orixe. Só a nosa cooperativa pode garantirche trazabilidade ao 100% comezando polos propios cultivos forraxeiros cos que logo se alimentan as nosas vacas.
- Elixes Galicia. Elixes xerar valor e sostibilidade no rural.
Os nosos compromisos
O noso lema Alimentando un Xeito de Ser é a filosofía que mellor define os nosos valores e compromisos!
- Comprometidos coa calidade de levar os mellores produtos lácteos á túa casa con tódalas garantías de seguridade alimentaria! Dito doutro xeito: dende o campo á mesa, calidade de principio a fin!
- Comprometidos coa innovación. Sempre estamos argallando como facelo mellor! E isto abrangue produtos, servizos, procesos… Non paramos!
- Comprometidos cos nosos socios e socias, aos que garantimos todos os servizos, recursos e formación que precisan para desenvolver a súa actividade.
- Comprometidos cos nosos empregados. Promover a igualdade de oportunidades e facilitar a conciliación laboral e familiar son algunhas das claves da nosa política de Recursos Humanos e que se recolle tamén no noso Plan de Igualdade.
- Comprometidos coa sociedade. En Feiraco colaboramos con diferentes entidades sociais e bancos de alimentos da nosa contorna. Tamén damos o noso apoio a actividades deportivas e culturais da nosa área de influencia. Gústanos estar preto de ti!