Celebramos as Letras Galegas 2022 en Ourense e O Barco de Valdeorras

Ben sabedes que en Feiraco un dos fitos que máis nos gusta do almanaque… é o Día das Letras Galegas! Levámolo no ADN! Este 2022, como non podía ser doutro xeito, volvemos aportar a nosa particular pinga de leite para poñer en valor a nosa lingua e a nosa literatura, das que estamos taaaan orgullosos. O 16 de maio tivemos o pracer de poñerlle a guinda á nosa campaña #EnGalegoSabeMellor coa celebración dunha serie de actos nos concellos de Ourense e O Barco de Valdeorras, onde tivemos a oportunidade de coñecervos a moitos e moitas de vós a pé de rúa e de colaborar en sendas homenaxes a Florencio Delgado Gurriarán. Un día cheo de emocións!

Primeira parada… Ourense!

Comezamos a xornada agasallando ceeentos de litros de leite Feiraco da nosa edición especial Letras Galegas 2022 na rúa Progreso de Ourense, onde convidamos aos viandantes a descubrir os versos de Gurriarán nos nosos briks e a apuntarse no Club Feiraco para gañar un dos 20 packs de caneca e libro ilustrado que estamos a sortear nas redes. Graciñas a todos e todas polo acollemento e o cariño que nos fixestes chegar, sodes ben riquiños/as!

 

Xusto despois participamos na homenaxe á figura de Florencio Delgado Gurriarán no Centro Cultural Valcárcel, onde interviron o Director Xeral de CLUN, Juan Gallástegui, e o vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández. Todo amenizado coa fermosa actuación do músico Ramiro Núñez, máis coñecido como “Sr. Jingles”, que interpretou unha selección de poemas musicados do autor. Unha auténtica delicia que desfrutamos a tope!

 

Tarde no Barco de Valdeooras

E pola tarde… puxemos rumbo ó Barco de Valdeorras! Grazas tamén a todos os valdeorreses/as que pasastes polo posto que preparamos no Paseo do Malecón e levastes un envase de leite Feiraco para a casa. Tamén aquí participamos noutra homenaxe á figura de Florencio Delgado. E de novo moi ben acompañados! Neste caso contamos con Ricardo Gurriarán, autor da biografía do autor; o Director xeral de CLUN, Juan Gallástegui; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o alcalde do Barco, Alfredo García. Sr. Jingles puxo de novo a nota musical e o mellor de todo: asistiron tamén das fillas do autor homenaxeado, o que sen dúbida fixo máis emotivo se cadra o evento.

 

Un día para a lembranza e para dicir ben alto… EN GALEGO SABE MELLOR!!!

 

VI Certame de Microrrelatos Feiraco. Participa!

 

Gústache escribir? Amósanos o teu talento literario, concentrado nun relato breve de tan só 500 caracteres con espazos, e axúdanos a demostrar que as nosas letras están máis vivas que nunca!

Unidos polas nosas letras

Por sexto ano consecutivo queremos sumarnos á celebración das Letras Galegas, a festa máis importante da nosa literatura. E facémolo coa convocatoria dunha nova edición do noso xa tradicional Certame de Microrrelatos Feiraco, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

O 17 de maio non é una data calquera para nós: a lingua e a cultura galegas son parte do noso xeito de ser. Con este certame non só queremos renderlle homenaxe ao autor escollido este ano pola Real Academia Galega, Carlos Casares, senón tamén contribuír a seguir impulsando e potenciando o noso idioma. En Feiraco, agora como parte de CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas) temos un firme compromiso con Galicia dende hai case 50 anos, que abrangue o noso método de traballo e os nosos valores.

Rolda de prensa oficial da presentación da VI edición do Certame de Microrrelatos Feiraco

Anímaste a participar? Sigue estes pasos!

E alí estaba, sentado nun sillón azul”. Como sigue esta historia?

Este é o punto de inicio a partir do cal tedes que escribir un relato en galego de ata 500 caracteres con espazos. A frase non é casualidade: é o noso particular tributo a Carlos Casares, tomando como inspiración o título dun dos seus libros máis coñecidos: “Deus sentado nun sillón azul”. Despois, só cómpre que o compartades con nós a través da aplicación do concurso dispoñible na nosa web.

Establecemos por primeira vez dúas modalidades de participación. Así, ademais da categoría de adultos (19 anos en adiante), inauguramos una categoría xuvenil (13 a 18 anos) para dinamizar a lingua e a creación literaria entre a mocidade.

Os primeiros premios de cada categoría recibirán cadanseu exemplar da Enciclopedia Galega Universal e os catro restantes, un lote de libros de literatura galega cedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, ademáis de produtos Feiraco.

Podedes participar ata o 17 de maio! Un xurado conformado por escritores, membros de Feiraco e da Secretaría Xeral de Política Lingüística escollerán os tres relatos gañadores de cada categoría, que se anunciarán o 5 de xuño.

Agardamos polos vosos relatos. Moita sorte!

 

[dt_divider style=”thin” /]

 

Gañadores Relatos Breves 2017

Noraboa aos gañadores do VI Certame de Microrrelatos Feiraco! Cada ano poñédesnolo máis difícil! Grazas a todos por participar!

CATEGORÍA ADULTOS

1º Premio. Vili Rei. 9,1 puntos

2º Premio. Alba Sánchez Ares. 9 puntos

3º Premio. Ariadna Fernández González. 8,9 puntos

CATEGORÍA XUVENIL

1º Premio. Candela Millán López. 9 puntos

2º Premio. Ana Rosa Cantalejo Marín. 8,5 puntos

3º Premio. Alba Suárez Fraga. 8,5 puntos