- Baixo a marca “Merca Rural”, o establecemento responde a un novo concepto de agrotenda que dea un servizo integral e de proximidade ás explotacións eficientes de hoxe en día.
- Trátase dunha iniciativa conxunta dun cento de cooperativas agrarias da cornisa cantábrica agrupadas en Delagro, coa colaboración de AGACA.
- Destacan as máis de 10.000 referencias e a ampla variedade de produtos que ofrece, desde alimentación, drogaría, xardinería, roupa e calzado de traballo, sementes de horta, material de hixiene de ordeño ou produtos fito e zoosanitarios.
- Con cobertura para os municipios veciños como Vimianzo, Outes, Muros ou Muxía, a ésta sucederanlle novas tendas que a Cooperativa abrirá en zonas de alta concentración de socios, nos concellos coruñeses de Ordes, Santa Comba e Ames.
Mazaricos-A Coruña, 10 de xuño de 2011.- Feiraco, Sociedade Cooperativa Galega, vén de inaugurar no concello de Mazaricos (lugar de A Picota) a primeira tenda agraria Merca Rural de Galicia. Trátase da primeira dunha serie de establecementos que a Cooperativa abrirá en zonas de elevada concentración de socios e notable actividade gandeira, coa finalidade de achegar os servizos e responder ás novas necesidades das explotacións eficientes, modernas e comprometidas co seu contorno natural polas que aposta Feiraco. Este modelo de tenda será pionero para o futuro desarrollo de tendaqs agrarias que otras cooperativas podan realizar no futuro
Presidida pola directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Nava Castro, e asistencia de numerosos concelleiros e alcaldes da comarca, a inauguración da tenda contou tamén coa asistencia do presidente de Feiraco, José Antonio Casáis, e do director xeral, José Luis Antuña; membros do Consello Reitor, directivos, ademais dun nutrido número de socios da Cooperativa, doutras agrupacións e numerosos representantes do sector agrogandeiro galego que non quixeron faltar á cita.
Aposta pola modernización e profesionalización do agro e compromiso co medio
Cun investimento total de 220.000 euros, unha superficie de 1.200 metros cadrados (800 dos cales se destinarán a sala de ventas), e 8 empregos directos, a nova agrotenda obedece á remodelación integral da nave que xa tiña Feiraco na Picota, dedicada ata agora a supermercado-economato e a almacén de subministros agrarios.
Unha reforma en amplitude pensada para dar servizo aos concellos da comarca de Mazaricos, como Vimianzo, Outes, Carnota, Muros, Dumbría, Muxía ou Zas, entre outros. Unha cobertura que se prevé estender proximamente a outros municipios da provincia da Coruña nos que se concentra un elevado número de explotacións de Feiraco, como Ordes, Santa Comba ou Ames.
A diversidade de produtos e servizos que ofrece é unha das principais características do novo establecemento de Feiraco. Ademais dun surtidor de gasóleo, entre a gama de artículos, máis de 10.000 referencias, destacan os produtos alimentarios, de drogaría, xardinería, roupa e calzado de traballo, ferramentas, sementes de horta, material de hixiene de ordeño e produtos fito e zoosanitarios, etc.
Unha fórmula de negocio para o fortalecemento do rural en Galicia e un modelo de desenvolvemento agrario integral baseado na modernización e profesionalización de axentes e procesos, polo que a Cooperativa leva apostando desde hai tempo.
Feiraco apóiase en Delagro e AGACA para o desenvolvemento das novas tendas
O proxecto de tendas Merca Rural é unha iniciativa conxunta das cooperativas integradas en Delagro, un proxecto de servizos comuns no que se agrupan preto de 100 cooperativas da cornisa cantábrica española e que ten como finalidade a realización de todo tipo de operacións encamiñadas ao mellor aproveitamento das explotacións e actividades dos seus socios e á mellora da poboación agraria e do desenvolvemento do medio rural, así como atender calquera outro fin ou servizo que sexa propio da actividade agrícola, gandeira ou forestal ou estea relacionado directamente coas mesmas.
Entre elas destaca distribuír e comercializar, mesmo directamente ao consumidor, os produtos procedentes das explotacións dos socios ou das cooperativas, así como a xestión e intermediación, na adquisición e comercialización de animais, alimentos, materias primas, fitosanitarios, medicamentos, instrumentos, maquinaria, abonos, plantas sementes, pensos compostos, así como a súa elaboración, e demais elementos para a produción e fomento agrario, así como instalacións relacionadas coa agricultura, a gandaría e os bosques.
Delagro e AGACA colaboraron con Feiraco non nacemento deste novo concepto de tenda agraria.
Merca Rural, froito do programa Nexus Rede, ao amparo da iniciativa comunitaria EQUAL, que estuda novas estratexias cooperativas
A franquía de tendas cooperativas Merca Rural naceu en 2007 como consecuencia dun estudo realizado sobre os retos e desafíos das cooperativas. Analizáronse as necesidades de abastecemento das explotacións agrarias galegas e o modelo de tendas agrarias para prestarlles os servizos máis adecuados, así como o mercado potencial en canto a socios e clientes. Do desenvolvemento do proxecto piloto e a correspondente franquía “Merca Rural” responsabilízase a agrupación de cooperativas Delagro, que reúne a un cento de cooperativas agrarias da cornisa cantábrica española.
A innovación como método tanto nos produtos coma nos servizos
A innovación é para Feiraco un dos seus obxectivos estratéxicos. Unha máxima que se traduce en todos e cada un dos procedementos, sistemas, técnicas e políticas que pon en marcha, tanto a nivel individual como colectivo. A apertura da primeira tenda agraria de Galicia é unha mostra máis da súa decidida aposta pola innovación e pola sostibilidade, valores que favorecen o pleno desenvolvemento do sector agrogandeiro galego.
Unha liña continuista no traballo de Feiraco que ten outros claros exponentes en produtos como o leite UNICLA, un proxecto innovador que contempla a alimentación animal con sementes de liño como factor determinante para a produción de leite saudable. Para isto reprodúcese o sistema tradicional de alimentación do gando, alongando o perfil de nutrintes da herba verde da primavera ao longo de todo o ano. Esta alimentación aporta maior benestar animal e, en consecuencia, as vacas producen leite con nutrintes máis adecuados ás necesidades humanas.
Iniciativas ambas que se engloban dentro do programa Hesíodo de Feiraco, encamiñado a optimizar de forma natural o perfil nutritivo das producións agropecuarias, engadir valor á participación dos gandeiros no proceso produtivo e, con iso, contribuír á humanización e dignificación das tarefas propias desta actividade.
É por tanto este compromiso co I+D+i o que permitiu a Feiraco obter, no ano 2009, o I Premio Europeo á Innovación Cooperativa na categoría de procesos alimentarios. Unha distinción que premia o nivel de innovación e o potencial de transferibilidade dun proxecto que serve de modelo á hora de incrementar a competitividade das cooperativas europeas. Ademais de recoñecer o desenvolvemento e a mellora dos procesos de produción alimentarios ambientalmente sustentables, así como o desenvolvemento de produtos que, achegando valor engadido á produción primaria, contribúen á alimentación e o benestar animal e humano. E a finais do pasado ano 2010, o Premio á Responsabilidade Social recoñecendo as súas investigacións sobre leite cada vez máis saudable e a súa estratexia fundacional baseada en tres alicerces fundamentais: calidade, innovación e responsabilidade social, buscando a consecución dun maior beneficio para os seus socios e o liderado no mercado.