FEIRACO volve ás camisetas do SD Negreira

Tras máis de 10 anos, FEIRACO volve a estar presente nas camisetas do club de fútbol da localidade de Negreira, o SD Negreira.

Un acordo forxado coa intención de fomentar o deporte galego,  tamén en municipios máis pequenos, como é Negreira, concello onde naceu en 1968, a cooperativa FEIRACO.

Presentación da nova camiseta

A presentación do novo equipamento tivo lugar o pasado venres na sede da nosa cooperativa CLUN en Ames. Nesta presentación, o presidente de CLUN, José Ángel Blanco Purriños e o presidente do SD Negreira, Julián Ferreiro, presentaron a nova camiseta do equipo de 1ª rexional que leva o emblema de FEIRACO.

Esta colaboración é a demostaración de que, dende Feiraco, continuamos co compromiso coa nosa orixe, Negreira, coa xúa xente e co deporte. FEIRACO ten unha grande impronta nesta vila que recibe un impacto económico positivo procedente da relación coa cooperativa e moitos negocios locais, creando así numerosos postos de traballo directos e indirectos.

O pasado domingo, 27 de agosto, o equipo do SD Negreira estreou a nova camiseta no primeiro partido da pretemporada que se xogou no seu campo de fútbol, Jesús García Calvo en Negreira. Esta equipación será a que luzan tamén na nova tempada que da comezo o 10 de setembro coa liga.

Dende a directiva do SD Negreira mostráronse agradecidos polo compromiso dado pola cooperativa e manifestaron que os seus plans son traballar por ampliar base social e tamén conseguir fomentar este deporte nas categorías de recente creación como biberóns, pre benxamíns, benxamíns, alevíns e cadetes.

Unha colaboración que troixo sorte ao fútbol nicraniense

A relacion entre o SD Negreira e FEIRACO remóntase xa ao ano 1981, un acordo que durou ata a tempada 04/05, colaboración que se retoma nesta nova tempada 23/24.

Non só existe a relación de patrocinio, Negreira é unha localidade moi apegada a FEIRACO, proba diso é o campo de fútbol que leva o nome dun dos socios fundadores da cooperativa, Jesús García Calvo, e tamén os numerosos negocios locais e persoas vinculadas a actividade economica que promove Feiraco na vila.

SD Negreira

O SD Negreira celebra este ano o seu 60 aniversario, e faino con boa saúde. Conta con seis categorías infantís e xuvenís de recente creación, un equipo senior e con un equipo principal na categoría 1ª rexional. Máis de 100 xogadores forman esta sociedade deportiva de Negreira que conta con unha ampla base social.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

14 Abril, 2025

Ler máis

Galicia é Campo de Artistas: estas Letras Galegas soan mellor ca nunca!

14 Abril, 2025

Ler máis

Leva un paraugas FEIRACO pola compra de dúas caixas de leite

3 Abril, 2025

Ler máis