O San Xoán galego caracterízase por estar cheo de rituais de purificación e protección. Ademais dos xa tradicionais, quixemos engadir un novo amuleto para conseguir un extra de protección e repartir máis sorte entre os galegos: os sanandresiños.
Di a tradición que todo aquel que teña os sanandresiños estará sempre acompañado pola sorte. Cada figura representa a sorte nun ámbito distinto:
A flor para o amor.
A barca para as viaxes.
O santo para a saúde e a amizade.
A sardiña para o alimento.
A man para os estudos.
A escaleira para o traballo.
A coroa para a protección.
A pomba para a paz.
Pero faltaba un amuleto fundamental para nós, un amuleto que aporte moita sorte ao rural e os gandeiros e gandeiras da nosa terra. Por iso creamos un sanandresiño de vaca para engadir á colección.
Jorge Bellón é un dos poucos artesáns que continúa coa tradición de elaborar estes amuletos tradicionais de San Andrés de Teixido feitos con miga de pan. El foi o encargado de crear esta peza exclusiva que queremos compartir con todos vós nunha das datas máis máxicas do ano: o San Xoán.
Como podo conseguir un destes sanandresiños?
Estamos SORTEANDO 8 ATADOS DE SANANDRESIÑOS EXCLUSIVOS para o San Xoán nas nosas redes sociais.
Así que, se queres conseguir un destes 8 sanandresiños só tes que seguir os pasos que atoparás no noso Instagram.
Participar é moi sinxelo!
Ata cando podo participar?
O sorteo levarase a cabo dende o xoves 15 de xuño de 2023 ata o venres 23 de xuño de 2023 ás 10.00h.
Non perdas a oportunidade de ter un extra de protección durante todo o ano grazas aos sanandresiños de Feiraco! ?