FEIRACO CELEBRA AS LETRAS GALEGAS 2018 CUNHA CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA, O TRADICIONAL CERTAME DE MICRORRELATOS E A REEDICIÓN DOS CONTOS DE ONDE VÉN O LEITE

  • Hoxe presentouse a VII edición do Certame de Microrrelatos dirixido a nenos, mozos e adultos, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e Pousadas de Compostela 
  • Este ano colabora ademais na Carreira Camiño das Letras e volve colaborar nos premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018 convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística
  • A campaña de animación á lectura “Practica a LEITura” permite optar a un dos 150 carteis vintage que Feiraco sorteará ata o 27 de maio

Ponte Maceira, 02 de maio de 2018.- Hoxe deuse a coñecer en Santiago de Compostela a sétima edición do tradicional Certame de Microrrelatos que impulsa Feiraco para celebrar a festividade das Letras Galegas. Organizado en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Pousadas de Compostela, no acto de presentación participaron os representantes de CLUN, José Montes e Pablo Gómez, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o viúvo de María Victoria Moreno, autora homenaxeada neste 2018, Pedro Ferriol, e o director-xerente do grupo Pousadas de Compostela, José Manuel Otero.

Este ano, ademais, Feiraco ten programadas outras accións conmemorativas pola festividade do 17 de maio como a campaña de animación á lectura “Practica a LEITura”, que sortea 150 exclusivos carteis vintage; a reedición dos contos De onde vén o leite?, para explicarlles aos máis pequenos o proceso de obtención do leite desde a granxa á mesa; e colabora na V Carreira Camiño das Letras e no Concurso-Exposición Letras Galegas 2018, que convoca anualmente a Secretaría Xeral de Política Lingüística dirixido a centros de educación infantil, primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas especiais.

 

VII Certame de Microrrelatos

Por sétimo ano consecutivo, Feiraco impulsa o seu xa tradicional Certame de Microrrelatos Letras Galegas 2018, incentivando a creación literaria e animando a todos os galegos que queiran participar a compartir os seus relatos a través dunha aplicación que estará dispoñible desde hoxe na páxina oficial Facebook/Feiracolacteos (https://www.facebook.com/Feiracolacteos/).

 

Establécense dúas categorías: de adultos (a partires dos 19 anos) e infantil-xuvenil (de 13 a 18). Para participar será necesario compartir na aplicación do concurso que está subida á web de Feiraco un relato orixinal, escrito en galego, que comezará coa frase “Subiu ata o faiado da casa e alí…”da obra A festa no faiado, protagonizada pola boneca Uxía, da autora homenaxeada este ano, Ana María Victoria Moreno, que non debe superar os 500 caracteres incluídos espazos e a frase inicial proposta.

 

Todos os interesados en participar poderán consultar as bases legais do certame en Facebook/Feiracolácteos.com e terán que enviar os seus microrrelatos desde hoxe ata o vindeiro 17 de maio.

 

Campaña “Practica a LEITura”

Vixente nas redes sociais de Feiraco desde o pasado 23 de abril ata o 27 de maio, a acción busca animar a todos os públicos a Alimentar un Xeito de Ser a través da lectura. Por medio dun xogo de palabras, a campaña convida a unir os bos hábitos alimentarios de consumo de leite coa práctica saudable da lectura. Para optar a un dos 150 exclusivos carteis vintage de Feiraco, os consumidores terán que adquirir unha caixa de leite Feiraco de calquera variedade, facerse seguidor da páxina oficial de Feiraco en Facebook, acceder á App da promoción e, finalmente, subir unha fotografía do ticket de compra dunha ou varias caixas de leite.

 

Reedición dos contos De onde vén o leite?

Hoxe tamén se presentou a reedición dos contos infantís De onde vén o leite? cuxos contidos foron actualizados para continuar ilustrando os máis pequenos sobre os procesos de obtención do leite desde a granxa á mesa. Os novos exemplares serán distribuídos entre boa parte dos centros de ensino galegos para uso da comunidade docente de infantil e primaria. Tamén estarán dispoñibles en diferentes canles dixitais da cooperativa e mais da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria.

 

Carreira Camiño das Letras e Concurso-Exposición Letras Galegas 2018

Feiraco participará tamén na tradicional Carreira Camiño das Letras, o 17 de maio, mediante o aporte de produtos lácteos que serán distribuídos entre os participantes que inicien a ruta no Pico Sacro e finalicen na Cidade da Cultura. A carreira, organizada por Xurdir en colaboración coa Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, busca unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago.

 

A cooperativa colabora por segundo ano nos premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018 da Secretaría Xeral de Política Lingüística, destinado a centros de ensino e cuxos proxectos gañadores chegan a case 2000 puntos de Galicia e do exterior. Os centros que se fixen cos premios desta edición (CEIP Xesús San Luís Romero de

 

Carballo, A Coruña; e IES  Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra) disporán de numerosos produtos lácteos de Feiraco.

 

Compromiso con Galicia e os seus  valores

As diferentes accións conmemorativas reflicten o compromiso de CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas) con Galicia, coa súa lingua e coa súa xente. A cooperativa, nacida da Unión de Feiraco, Melisanto e Os Irmandiños, comercializa os mellores lácteos de Galicia baixo as marcas Feiraco, Únicla, Clesa e os queixos Arquega.

 

 

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis

O equipo de nenos e nenas de CLUN sae ao campo coas xogadoras do Deportivo Abanca no encontro co FC Barcelona

17 Marzo, 2026

Ler máis

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis