Receita Doce de leite

Animácheste algunha vez a facer doce de leite caseiro? Ideal para botarlle de cando en vez ao café ou para usar como ingrediente en pasteis, galletas ou repostería en xeral. E o mellor: feito na casa con todo o agarimo e con leite 100% galego de Feiraco. Imos co paso a paso!

Ingredientes:

  • 1 litro de leite enteiro Feiraco
  • 300 g de azucre
  • 1/2 culleradiña de bicarbonato sódico
  • Esencia de vainilla ao gusto

Preparación:

  • Nunha pota, botamos o leite Feiraco e poñémolo a quentar ata que comece a ferver.
  • Baixamos o lume e engadimos o azucre e o bicarbonato, removendo de cando en vez
  • Pasados uns 15 minutos, engadimos a vainilla
  • Durante unha hora aproximadamente manteremos a mestura a lume lento removendo para que non se pegue.
  • Finalmente, retiramos e botamos a mestura nun bote de cristal. Deixamos que arrefríe e adquira maior consistencia.

Listo para degustar, só ou acompañado!

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis

O equipo de nenos e nenas de CLUN sae ao campo coas xogadoras do Deportivo Abanca no encontro co FC Barcelona

17 Marzo, 2026

Ler máis

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis