Plantilla Galiciómetro Feiraco

Se nos seguides por redes, xa sabedes que puxemos en marcha unha acción chamada Galiciómetro. É unha enquisa moi especial para que cubrades e compartades polas vosas stories de Facebook ou Instagram. Para poñer en valor Galicia e as ganas que temos de que esto remate para volver gozar de todas as cousas boas que ten a nosa terra!

Deixámosvos aquí a plantilla por se a queredes descargar e compartir. Axúdanos a facelo viral!

 

 

Xoga con Feiraco: actividades para a corentena

Dende Feiraco queremos aportar o noso pequeno gran de area para axudarvos a levar da mellor forma posible estes días de confinamento na casa. Pensando nos máis pequenos, estivemos preparando con moito agarimo unhas divertidas actividades para que xoguen, pinten e se entreteñan un anaquiño. Agardamos que vos gusten! E vos apetece, faríanos moita ilusión ver os resultados. Non dubidedes en subir as imaxes ás vosas redes sociais e etiquetarnos para poder compartilas. 

Podedes descargalas facendo clic na imaxe!

Aproveitamos para enviarnos unha mensaxe de ánimo para sobrelevar estes momentos e desexámosvos moita saúde tanto para vós como para as vosas familias. Ánimo!