Receita de crema de cabaza

Comezamos cos preparativos do Samaín con esta deliciosa crema de cabaza coa nosa nata para cociñar Feiraco. Éche moi saborosa! Tes que probala xa. ??

 

 

Ingredientes 

  1. Cabaza grande ou dúas pequenas
  2. 1 mazá reineta
  3. 1 litro de caldo de polo
  4. 100 ml de nata para cociñar Feiraco
  5. 20 gramos da manteiga Únicla
  6. 1 talo dun porro
  7. 1 anaco de xenxibre fresco
  8. Pebidas de cabaza para decorar
  9. Sal

Preparación 

  1. Asa a cabaza e a mazá reineta. Parte a cabaza en dúas e poñela no forno xunto ca mazá 40 minutos a 200º C cos anacos hacia baixo. A mazá estará 20 minutos antes. Retirar e reservar.
  2. Cortar o porro en anacos e reservar.
  3. Pelar o xenxibre cunha cullerada, cortar en anacos pequenos e reservar. Cando a cabaza estea lista, deixar arrefriar e baleirar. Ten preparado o puré para facer a crema.
  4. Nunha pota derrite a manteiga Únicla e engade o porro e o xenxibre. Sofritir dez minutos, verter o puré de cabaza, o puré de mazá, o caldo de polo e a nata para cociñar de Feiraco. Salpementa ao teu gusto e cociña durante 15 minutos a lume medio.
  5. Triturar a mestura cun procesador de comida ata obter unha textura sedosa. Se queda moi denso, podes engadir algo máis de caldo ou nata.
  6. Servir coas pebidas de cabaza e decorar cun pouco de nata para cociñar Feiraco
  7. Consello: Podes facer a crema tamén coa mazá e a cabaza sen asar. Só terías que pelalas e cortalas en anacos pequenos, engadir o sofrito, cubrir co caldo de polo e cociñar durante 40/60 minutos a lume suave ata que estean feitas.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

O XIII Certame de Microrrelatos de Feiraco reuniu relatos de toda Galicia protagonizados pola música tradicional galega

4 Xullo, 2025

Ler máis

Gañadores XIII Certame de Microrrelatos FEIRACO

4 Xullo, 2025

Ler máis

Feiraco ficha a Iago Aspas e David Mella para levar o gran derbi galego ao corazón do rural

19 Xuño, 2025

Ler máis