Receta de Croquetas de cabaciña e leite Feiraco

As croquetas de aproveitamento están moi boas. Anímate e proba estas que vos propoñemos! Son de cabaciña e queixo feitas co leite semidesnatado FEIRACO. Están de vicio! ??

 

 

Ingredientes 

  1. 1 cabaciña
  2. 150 g de queixo gruyere
  3. ½ porro
  4. 40 g de fariña
  5. 40 g de manteiga de Únicla
  6. 400 ml do leite semidesnatado Feiraco
  7. 100 g de pan relado
  8. 1 ovo
  9. Pirixel
  10. Aceite de oliva virxe extra
  11. Sal e pementa

croquetas de cabaciña e queixo

Preparación 

  1. Ten todos os ingredientes preparados. Lava e corta a cabaciña en anacos. Cociña no forno do microondas 2 min a potencia máxima.
  2. Petiscar o porro e cortar o queixo en dados tamén.
  3. Nunha tixola quenta a manteiga e sofrite o porro un par de minutos. Engade logo a fariña e deixala un minuto ata que doure.
  4. Engadir a cabaciña e o queixo e mesturar moi ben.
  5. Verter o preparado nunha bandexa e deixar reposar durante catro horas na neveira.
  6. Prepara o ovo e o pan para rebozar. Ao pan relado podes engadirlle o pirixel seco.
  7. Fai doble rebozado. Forma as croquetas para pasalas pola mestura de pan, ovo batido e de novo polo pan relado.
  8. Fritir en abundante aceite quente ata douralas. Escorrer e deixar nun papel para que absorban o excedente de aceite.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

OS INGREDIENTES DO NOSO ENTROIDO!

17 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO renova a súa imaxe co campo galego como protagonista

12 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO Lácteos firma o seu convenio colectivo ata 2026 cunha unanimidade dos sindicatos

9 Decembro, 2024

Ler máis