Receita de biscoito de Yogu+ Feiraco

Nin os peques da casa nin os maiores resistiránse a esta receita feita co Yogu+ Feiraco! Toda unha tentación gastro para a xente que anda na procura de saborear un biscoito de iogur diferente, pero moi saboroso. E o mellor de todo… leva o noso iogur bebible elaborado con leite 100 % galego! Que máis se pode pedir?

 

Ingredientes

3 ovos

1 yogu+ Feiraco natural ou de amorodo, o que ti prefiras

300 gramos de fariña

150 gramos de azucre

100 ml de aceite

1 sobre de fermento en po

1 culleradiña de esencia de vainilla

10 gramos de manteiga

 

Preparación

Prequecer o forno a 180 grados.

Bater os ovos e, unha vez batidos, engadir o aceite, o azucre, o yogu+ de Feiraco e continuar remexendo.

Cando estea todo ben mesturado, peneirar a fariña xunto ó fermento e engadir ambos.

Chegou a hora de botar o que preparamos nun molde previamente untado con manteiga e enfornar a 180 grados durante 25 minutos.

Unha vez pasado ese tempo, picar cun pau biscoito e se este sae limpo é que xa estaría listo.

Finalmente, retirar do forno e… listo para gozar!

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

As mulleres e a literatura con perspectiva feminista protagonizan as mellores historias do XIV certame de microrrelatos Letras Galegas de Feiraco

26 Xuño, 2026

Ler máis

David Mella e Marisa García do RC Deportivo en Eroski con Feiraco

5 Maio, 2026

Ler máis

Unha experiencia emocionante co RC Deportivo para a rapazada

21 Abril, 2026

Ler máis