Receita do pastel de pescada co leite desnatado Feiraco

En FEIRACO estamos coa preparación das recetas do Nadal.? Hoxe fixemos un pastel de pescada co noso leite desnatado. Tomade nota porque o resultado foi espectacular! ?✨

 

 

Ingredientes 

  1. 500 g de pescada cocida
  2. 3 ovos
  3. 200 ml de nata para cociñar Feiraco
  4. 200 ml de leite desnatado Feiraco
  5. 200 ml de salsa de tomate
  6. 100 ml de maionesa
  7. 8 lagostinos
  8. Brotes de leituga
  9. Sal e pementa

pastel merluza leche desnatada feiraco

 

Preparación

  1. Cocer a pescada en auga con loureiro, sal e allo durante 5 minutos. Logo coar e secar con papel absorbente e cortar en anacos pequenos e reservade.
  2. Pela os lagostinos e reservar.
  3. Bater os ovos nun conco e logo engadir a nata, o leite, a salsa de tomate, a pescada e salpementar.
  4. Cando temos todo no conco, bater cun robot de man ou cun robot de cociña ata obter unha mestura homoxénea.
  5. Prequencer o forno a 180º C.
  6. Forrar un molde rectangular con papel encerado. Repartir a preparación e cocer ao baño maría no forno 30 min a 180 ºC.
  7. Deixar arrefriar enfriar e reservar no frigorífico un mínimo de 2 horas.
  8. Desmoldar nunha táboa, pintar a superficie coa maionesa, decorar con lagostinos e a leituga por riba. Empoar coas túas especias favoritas.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

As mulleres e a literatura con perspectiva feminista protagonizan as mellores historias do XIV certame de microrrelatos Letras Galegas de Feiraco

26 Xuño, 2026

Ler máis

David Mella e Marisa García do RC Deportivo en Eroski con Feiraco

5 Maio, 2026

Ler máis

Unha experiencia emocionante co RC Deportivo para a rapazada

21 Abril, 2026

Ler máis