
“O leite de agora xa non sabe como o de antes”. De seguro que oístes esta frase a algún dos vosos maiores. A idea de crear un leite 100% natural co sabor tradicional de toda a vida foi unha das principais motivacións que nos impulsou en Feiraco a crear a gama Unicla. E se ademais fose tan saudable que achegase ácidos graxos esenciais para o noso organismo? Iso si, sen engadidos de ningún tipo.
Foi así como nos embarcamos nun proxecto de investigación en colaboración coa Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, a Aula de Produtos Lácteos de Lugo e o LHYCA da Facultade de Veterinaria. A idea? Conseguir que as nosas vacas producisen, de forma totalmente natural, un leite máis equilibrado, con menos graxas saturadas.
Primavera todo o ano
En Feiraco tiñamos claro que os factores que contribúen a mellorar a riqueza e o sabor do leite derivan directamente da calidade de vida das nosas vacas: a súa alimentación e a súa tranquilidade, vivindo nun ambiente coidado e sen estrés.
De feito, ao estudar a nutrición das vacas ao longo de todo o ano atopámonos que cos pastos verdes primaverais, o perfil dos ácidos graxos do leite é máis equilibrado, con menos porcentaxe de graxas saturadas.
O seguinte paso? Lograr alongar a primavera todo o ano. Conseguímolo ofrecendo ás nosas vacas suplementos nutricionais baseados en sementes de liño ou liñaza, unha importante fonte de ácidos graxos omega 3.
Ademais, para a producción do leite desnatado Unicla Antiox, introducimos na cadea alimentaria dos animais o selenio, un dos antioxidantes naturais que nos axuda a protexer as nosas células fronte ao dano oxidativo e a acción dos radicais libres.
Un leite 100% natural
As vacas que producen o leite Unicla viven nun ambiente privilexiado e reciben unha alimentación de calidade diferenciada. Deste xeito, conseguimos que dean un leite de alta calidade, con menor porcentaxe de graxas saturadas e un perfil de ácidos graxos máis saudable, con presenza de cla (ácido linoleico conxugado) e omega 3.
Os ácidos graxos omega 3 teñen importantes beneficios para a saúde, xa que contribúen a regular os niveis de colesterol e a protexer o noso corazón.
En función das vosas necesidades e preferencias, en Unicla podedes atopar leite desnatado (Unicla Antiox), semidesnatado e semidesnatado sen lactosa, especialmente desenvolvido para as persoas intolerantes á lactosa.
Xa probastes a gama Unicla? Que vos parece o seu sabor?
La que teneis ahora está muy buena, pero estaba muchiiiiiisimo mejor la primera que fabricasteis que venia en cajas de 6.
Hola, Ana. Feiraco Unicla siempre se ha comercializado en paquetes de 4 unidades, no de 6. ¿Estarás refiriéndote a la leche Feiraco entera o semidesnatada? Gracias por tu comentario.