Vive a aventura do Entroido con Feiraco!

Como nos gusta isto de disfrazarnos! Por terceiro ano consecutivo, distribuímos unha edición especial dos nosos envases de leite Feiraco con motivo da celebración do Entroido. Pirata, superheroe e shériff… Quen non se disfrazou algunha vez dalgún destes tres personaxes míticos? Pois as nosas vacas aínda non o fixeran!

Como se alimenta un xeito de ser?

Preguntástesvos algunha vez que hai detrás dun slogan publicitario? ‘Alimentando un xeito de ser’ é algo máis que unha frase bonita e atraente que soa ben nos medios de comunicación. Dende logo, ese non era o noso obxectivo principal cando nos puxemos mans á obra a traballar na nosa última campaña de publicidade.