Receita croissants con Leite Feiraco

En Feiraco temos unha teima: gozar ao máximo do almorzo! E para acompañar ao café con leite, estes míticos croissants son un acerto seguro. Imos con eles!

Ingredientes

  • 500 g de fariña de pan
  • 40 g de azucre
  • 1 culleradiña de sal
  • 2 culleradiñas de fermento seco
  • 300 ml de leite Feiraco (morno)
  • 1 ovo

Preparación

Poñer os ingredientes secos nunha cunca, facer un oco no centro, botar o leite e mesturar todo. Amasar ben durante 10 minutos e deixar levedar ata que dobre o seu volume.

Estender a masa nun rectángulo e cortala en triángulos. Neste paso, se vos gusta o chocolate, podedes poñer en cada triángulo unha cullerada de crema de chocolate, pero isto é opcional.

Agora tocar facerlles a forma, enrolando dende a base ata o vértice. 

Por último, pintamos con ovo e poñémolos na bandexa do forno. Tapámolos cun trapo e deixamos repousar de novo ata que dobren o seu volume.

Enfornamos durante uns 15 – 20 minutos no forno previamente prequentado a uns 200 º C. Retirar cando estean dourados.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

14 Abril, 2025

Ler máis

Galicia é Campo de Artistas: estas Letras Galegas soan mellor ca nunca!

14 Abril, 2025

Ler máis

Leva un paraugas FEIRACO pola compra de dúas caixas de leite

3 Abril, 2025

Ler máis