As granxas ÚNICLA, exemplo de sostibilidade en Bruxelas

Orgullosos dos nosos gandeiros e gandeiras! Mónica Landeira, unha das socias da nosa cooperativa, participa en Bruxelas na EU Agricultural Outlook Conference, a conferencia anual sobre Perspectivas da Agricultura da UE que organiza a Comisión Europea e, polo tanto, un dos eventos máis importantes do sector.

 

Convidada por Cooperativas Agroalimentarias de España, Mónica achegará a súa visión sobre a sustentabilidade ambiental do sector explicando a redución da pegada de carbono nas granxas ÚNICLA. De feito, ela é a propietaria dunha explotación de ÚNICLA cunha produción anual de 600.000 litros. O seu exemplo mostra o papel que desenvolvemos as cooperativas para implantar medidas colectivas a favor do medio ambiente e, polo tanto, a favor da valorización dos nosos gandeiros. E isto non é novo: xa sabedes que CLUN é a primeira empresa produtora de leite en España en conseguir a certificación de AENOR da Pegada de Carbono de Produto nas granxas de Leite Únicla, que ademais contan coa certificación de Benestar Animal desde 2016.

 

Sabemos que vos gusta poñerlle cara aos nosos gandeiros e gandeiras e nós non podemos estar máis orgullosos deles, pois grazas ao seu compromiso, esforzo e dedicación pode chegar ata as vosas casas un leite de altísima calidade cuxo proceso de produción non só vela pola sustentabilidade do sector e o benestar das nosas vacas, senón tamén polo coidado do medio ambiente.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

As mulleres e a literatura con perspectiva feminista protagonizan as mellores historias do XIV certame de microrrelatos Letras Galegas de Feiraco

26 Xuño, 2026

Ler máis

David Mella e Marisa García do RC Deportivo en Eroski con Feiraco

5 Maio, 2026

Ler máis

Unha experiencia emocionante co RC Deportivo para a rapazada

21 Abril, 2026

Ler máis