FEIRACO, todo se decide no campo
O traballo dos nosos gandeiros e gandeiras é o que fai posible todo o que somos en FEIRACO. O traballo de todos eles, o seu esforzo e a súa dedicación ten un punto clave en común: o campo.
O traballo dos nosos gandeiros e gandeiras é o que fai posible todo o que somos en FEIRACO. O traballo de todos eles, o seu esforzo e a súa dedicación ten un punto clave en común: o campo.
Tras máis de 10 anos, FEIRACO volve a estar presente nas camisetas do club de fútbol da localidade de Negreira, o SD Negreira. Un acordo forxado coa intención de fomentar o deporte galego, tamén en municipios máis pequenos, como é Negreira, concello onde naceu en 1968, a cooperativa FEIRACO. Presentación da nova camiseta A presentación…
O San Xoán galego caracterízase por estar cheo de rituais de purificación e protección. Ademais dos xa tradicionais, quixemos engadir un novo amuleto para conseguir un extra de protección e repartir máis sorte entre os galegos: os sanandresiños. Di a tradición que todo aquel que teña os sanandresiños estará sempre acompañado pola sorte. Cada figura…
Como cada ano, dende Feiraco co motivo das Letras Galegas animamos a todos os alumnos e alumnas de Galicia a escribir en galego participando no XI Certame de Relatos Breves que organizamos en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Presentación oficial do certame O pasado mércores 10 de maio presentamos o certame por…
O día das Letras Galegas é sempre unha data especial para nós. Esta ano poñemos en marcha unha divertida iniciativa da que necesitamos que sexas partícipe: o movemento Falarei!
Para poder vivir a experiencia de ser gandeiro por un día nunha das ganderías da nosa cooperativa, só tes que saber un par de cousas:
Este xigante carboeiro baixa das montañas do Courel nas noites do 24 e 31 de decembro para visitar ás nenas e aos nenos galegos, tocándolles as barriguiñas para ver se comeron dabondo durante todo o ano. En FEIRACO quixemos preparar unhas cartas ben chulas para que poidades imprimir e facerllas chegar ao Apalpador. Seguide lendo💚
Arranca a nosa campaña solidaria para axudar á reforestación dos montes queimados do Courel! 💚🐄 Creamos unha edición especial do noso leite semidesnatado coa imaxe do Apalpador para doar, ao plan de recuperación dos montes, un céntimo por cada litro de leite solidario.
O retrato dunha muller gandeira anónima para representar a todas as mulleres gandeiras e rurais da nosa terra polo día da MULLER RURAL 👩🏻🌾 cunha fermosa obra do artista Mon Devane. Nove metros de altura de pura maxia! E, como non podía ser doutro xeito, quixemos facelo no corazón do concello máis leiteiro de Galicia:…
Dende os días 26, 27 e 28 de agosto poderás atoparnos nunha das casetas do Festival da Luz O festival da luz é un evento con corazón que se celebra en Boimorto e co que xa se conseguiron repartir máis de 733.000€. Diñeiro que se recada para diferentes causas en todo o territorio nacional…
Disque polas terras do Deza estivo a cocerse algo moi chulo a semana pasada! En Feiraco sabíamolo e… non podíamos faltar á cita da Semana Verde de Silleda! Montamos e vestimos de gala a caseta de CLUN para a ocasión cos nosos produtos e estivemos rodeados de tan boa xentiña que o pasamos moi moOoOi…
Ben sabedes que en Feiraco un dos fitos que máis nos gusta do almanaque… é o Día das Letras Galegas! Levámolo no ADN! Este 2022, como non podía ser doutro xeito, volvemos aportar a nosa particular pinga de leite para poñer en valor a nosa lingua e a nosa literatura, das que estamos taaaan orgullosos.…