Leite solidario para reforestar os montes no Courel

Arranca a nosa campaña solidaria para axudar á reforestación dos montes queimados do Courel! ?? Creamos unha edición especial do noso leite semidesnatado coa imaxe do Apalpador para doar, ao plan de recuperación dos montes, un céntimo por cada litro de leite solidario.

A través desta acción queremos axudar á recuperación dos montes do Courel. Unha zona que durante catorce días estivo ardendo ata converterse nun dos incendios máis grandes da historia de Galicia, con máis de once mil hectáreas arrasadas polo lume.

Grazas ao envase do Apalpador imos doar un céntimo por cada litro ao plan de recuperación dos montes do Courel para que as montañas do Apalpador volvan ser verdes e frondosas coma sempre.

A solidariedade, o rural e o sostible son os compromisos desta edición e son tamén os valores de FEIRACO. Por ese motivo, animámosvos a contribuír a manter vivo o rural, os nosos montes e a nosa cultura a través deste envase cheo de leite solidario?

Non perdas ningún detalle desta edición e consulta máis información no seguinte enlace: https://feiraco.es/gl/leitesolidario/

 

#LeiteSolidario #LeiteSolidarioFeiraco #LeiteGalego

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

David Mella e Marisa García do RC Deportivo en Eroski con Feiraco

5 Maio, 2026

Ler máis

Unha experiencia emocionante co RC Deportivo para a rapazada

21 Abril, 2026

Ler máis

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis