GANDEIRO POR UN DÍA. Programa de visitas a ganderías FEIRACO

Para poder vivir a experiencia de ser gandeiro por un día nunha das ganderías da nosa cooperativa, só tes que saber un par de cousas:

PROGRAMA DE VISITAS A GANDERÍAS DA COOPERATIVA CLUN

CANDO SERÁ?

Datas: os venres do 5 de maio o 16 de xuño
Horario:
10:00-12:30 aprox.
Duración: 2,5h
Grupos: Máximo de 50 persoas por visita. Idades de 5 a 12 anos.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

  • Colexios de primeria e primeiro ciclo de E.S.O. (1º E 2º)
  • Campamentos de verán

Como é un día na granxa? De onde vén o leite? Que coidados necesitan para dar o mellor leite?

Queremos que veñas vernos para ensinarche como é a vida das nosas vaquiñas dende que nacen ata que dan o delicioso leite que chega á túa casa.

Resolveremos tooodas as túas curiosidades durante a visita a unha das nosas granxas, na que as vacas están mooooi ben coidadas para obter o leite máis rico da nosa terra!

QUERES VIR A VISITARNOS?

Descarga aquí máis información sobre Visita granxa FEIRACO para poder anotarte escríbenos a [email protected] cos datos do teu grupo e responderémosche o antes posible. ?

OLLO! As visitas realizaranse cada venres a paritr do mes de maio.

 

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis

O equipo de nenos e nenas de CLUN sae ao campo coas xogadoras do Deportivo Abanca no encontro co FC Barcelona

17 Marzo, 2026

Ler máis

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis