FEIRACO asiste ao festival con máis millo de toda Galicia

Dende os días 26, 27 e 28 de agosto poderás atoparnos nunha das casetas do Festival da Luz

O festival da luz é un evento con corazón que se celebra en Boimorto e co que xa se conseguiron repartir máis de 733.000€. Diñeiro que se recada para diferentes causas en todo o territorio nacional como: Bancos de Alimentos, Médicos sen Fronteiras, Galicia Ambiental…etc.

Co festival compartimos os valores da solidariedade, o rural e o sostible. Sendo un evento no que FEIRACO non podía faltar, ATOPARASNOS NUNHA DAS CASETAS DO RECINTO! Estamos seguros de que se o fas, pasarémolo mooOoi ben?

Ademais de dinamizar e dar visibilidade ao rural, o festival da luz tamén ten un compromiso social. Na caseta FEIRACO podes mercar moitos dos nosos produtos. Non só lamberás os dedos coas nosas elaboracións tan deliciosas! Senón que tooOodo o beneficio que consigamos con esas mercas irán destinadas á causa benéfica deste ano. FEIRACO tamén quere aportar a súa pinga de leite á ocasión!?

Son moitas as actividades que temos preparadas para que desfrutes ao máximo do festival da man de FEIRACO. Pero, ninguén dixo que volo iamos poñer sinxelo ? Terás que botar man da túa sabedoría para poder gañar premios seguros. Atréveste a probalo?

Para conseguilo o primeiro que debes facer é estar atento ás redes sociais de FEIRACO porque iremos anunciando moooOoitas sorpresas para todos os nosos seguidores máis festivaleiros!

 

 

Non esquezas recargar as pilas para desfrutar moooOoito do Festival da Luz os días 26, 27 e 28 de agosto da man de FEIRACO ??

O mellor de todo é que ata o 25 de agosto poderás participar no sorteo que temos nas nosas redes sociais para gañar 1 abono triplo con cámping incluído 🙂

PARTICIPA en Instagram ou Facebook!

Vémonos no Festival da Luz!

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

OS INGREDIENTES DO NOSO ENTROIDO!

17 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO renova a súa imaxe co campo galego como protagonista

12 Febreiro, 2025

Ler máis

FEIRACO Lácteos firma o seu convenio colectivo ata 2026 cunha unanimidade dos sindicatos

9 Decembro, 2024

Ler máis