Así nos foi na Semana Verde de Silleda!

Disque polas terras do Deza estivo a cocerse algo moi chulo a semana pasada! En Feiraco sabíamolo e… non podíamos faltar á cita da Semana Verde de Silleda! Montamos e vestimos de gala a caseta de CLUN para a ocasión cos nosos produtos e estivemos rodeados de tan boa xentiña que o pasamos moi moOoOi ben! Uns días emocionantes onde tivemos a oportunidade de coñecervos a moitos e moitas de vós! Alegrounos moitísimo poñervos cara.:)

Non puidester vir? Que non cunda o pánico! Proba o percorrido virtual pola nosa caseta CLUN e cóntanos que tal che foi. Podes acceder aquí.

 

Unha granxa… virtuUual!

Como non podía ser doutro xeito, as nosas granxas tiñan que estar presentes! Da man da realidade virtual, os nosos visitantes puideron ‘visitar’ unha delas sen moverse do sitio. Unha experiencia inesquecible! ?

 

 

 

Ata houbo tractorada!

Tampouco podía faltar unha boa tractorada! Montamos un circuíto de tractores para a rapazada e confirmamos que a canteira ven pisando fooOorte. Orgullosos de todos vós! ??

 

 

Entre actividade e actividade, tamén tivemos degustación do noso leite e claro… tedes claro que #EnGalegoSabeMellor e pasámolo pipa!  ?

 

 

Millóns de grazas por acompañarnos no noso paso pola Semana Verde de Silleda! Ata a próxima!

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

David Mella e Marisa García do RC Deportivo en Eroski con Feiraco

5 Maio, 2026

Ler máis

Unha experiencia emocionante co RC Deportivo para a rapazada

21 Abril, 2026

Ler máis

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis