O retrato dunha muller gandeira anónima para representar a todas as mulleres gandeiras e rurais da nosa terra polo día da MULLER RURAL ??? cunha fermosa obra do artista Mon Devane. Nove metros de altura de pura maxia! E, como non podía ser doutro xeito, quixemos facelo no corazón do concello máis leiteiro de Galicia: Mazaricos.
Baixo o lema de «Mulleres rurais: raíces e futuro da nosa terra«, dende FEIRACO estaremos homenaxeando e reinvindicando á muller rural este venres cunha chea de actos conmemorativos en Mazaricos, o concello que máis leite produce de toda Galicia.
Unha xornada na que teremos a oportunidade de coñecer as experiencias e vivencias das gandeiras da asociación Mulleres de Seu da nosa cooperativa CLUN que compartirán as súas reflexións con outras mulleres do rural integrantes da asociación.
Estaremos moi ben acompañados pois contaremos con representación da Consellería de Igualdade e Emprego coa presenza da secretaria xeral, Susana López Abella, e da Consellería de Medio Rural, con Mª Luisa Boquete Pumar, secretaria xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, así como polo alcalde de Mazaricos, Juan Blanco.
“A actividade gandeira e a producción láctea, ademáis de xerar actividade económica, empleo e fixar población, forma parte da identidade do concello e xera un sentimento colectivo de identificación, polo que a arte –que é un medio moi potente para transmitir ideas, emocións e sentimentos– pareceunos unha boa maneira de saír á rúa e estar presentes en Mazaricos”, explicou Carmen Rodríguez, presidenta de Mulleres de Seu e vicepresidenta da cooperativa CLUN.
Nada mellor que a arte urbán como guinda á nosa homenaxe de visibilización ás mulleres do rural. Nove metros de altura dun retrato anónimo en forma de mural inspirado en todas aquelas mulleres gandeiras e rurais. Hoxe e tódolos días van por vós!
Agárdanos un día cheíiiiño de emocións! Convidámosvos a todas e a todos vir celebralo con nós. E moi atentos ás nosas redes sociais, pois iremósvos contando todo por alí ??