Receita hummus con Nata Feiraco

Hoxe traémosvos unha receita xenial para untar: hummus cun extra de cremosidade grazás á nata Feiraco! Tomade nota!

Ingredientes:

  • 250 g de garavanzos cocidos
  • 4 cullereadas de sésamo.
  • 125 ml de Nata para Cociñar Feiraco
  • Zume de limón.
  • Un dente de allo.
  • Media culleradiña de comiño.
  • Pementón
  • Sal
  • Aceite

Preparación:

Por unha banda, bate os garavanzos con zume de limón, o allo, o comiño, aceite e sal.

Por outra banda, prepara a mestura de sésamo, nata Feiraco e sal.

Xuntamos ambas preparacións e listo!

 

Receita Ponche de Nadal con Leite Feiraco

Este Nadal máis caseiro non poderá ser. Traémosvos a receita do tradicional ponche, perfecto para gozar pequenos e maiores. Iso si, cun toque 100% galego de Feiraco!

 

Ingredientes para catro persoas:
3 cuncas de leite Feiraco
4 ovos
1/2 cunca de azucre
1 tira de casca de limón
1 vaina de vainilla
1 chisco de noz moscada
1 chisco de canela en po

 

Preparación:

– Comezamos infusionando o leite. Para iso, pono ao lume nun cazo xunto coa vainilla e o limón.
– Paralelamente, separa as xemas das claras. Bate as xemas de ovo xunto con media cunca de azucre.
– Cando o leite estea a piques de ferver, vérteo sobre as xemas batidas e remove ben.
– Mantén esta mestura a lume medio sen deixar de remover ata que espese e adquira a consistencia dunha crema.
– Vértea en recipientes individuais e déixaa repousar a temperatura ambiente.
– Á parte, bate as claras a punto de neve cun pouco de azucre e engádeas á preparación anterior.

Listo para degustar![/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Flan de ovo

Ingredintes

  • 3 ovos
  • 6 xemas de ovos
  • 200 g. de azucre (2 cucharadiñas por flan)
  • 750 ml de leite enteira
  • Para o caramelo: 5 cucharadiñas de azucre
  • Un pouco de auga (3 cucharadiñas)
  • Unhas gotas de zumo de limón

Preparación do caramelo

  1. Poñemos un cazo ao lume a temperatura media.
  2. Engadimos os ingredintes neste orden: 5 cucharadiñas de azucre e 3 cucharadiñas de auga.
  3. Deixamos a medio lume sin remover.
  4. Veremos como pouco a pouco comezan a formarse pequenas burbullas e o azucre muda de cor. Cando isto suceda removemos, cunha culler de madeira axudamos a que se mesture todo.
  5. Retiramos do lume e continuamos removendo ata que alcance esa cor mel tostado do caramelo.
  6. Deixamos que se temple durante un minutiño e servimos no molde que imos a usar para o flan. Botamos o caramelo primero no fondo e logo polas paredes do molde.
  7. Deixamos que arrefríe ata que estea medio duro.

Preparación do flan de ovo

  1. Separamos a xema da clara de 6 ovos, as claras as podedes empregar para outras recetas, non fai falla tiralas.
  2. A esas xemas engadimoslles tres ovos enteiros, e botamos o azucre e o leite enteira.
  3. Batimos todo ata que quede unha masa cremosa e cun pouco de espuma.
  4. Enchemos a bandexa central do forno con auga. Subimos a temperatura do forno a 200º C ata que comece a hervir o agua.
  5. Poñemos a crema do flan no molde. Os cubrimos con papel de aluminio e os metemos ao forno. Sempre na bandexa con auga durante 50-60 min aproximadamente a uns 200º C, ata que estean cuajados e dorados.
  6. Pasados 50 minutos probamos cun coitelo se están totalmente cuajados. Se sae limpo xa estarán listos.
  7. Deixamos arrefriar a temperatura ambiente e despois os metemos no refrixerador.

Ao día seguinte desmoldamos con coidado e a disfrutar dun delicioso flan.

Pan de leite esponxoso

Nova receita con Feiraco! Anímaste?

INGREDIENTES

  • 450 g de fariña
  • 2 ovos
  • 225 ml de leite
  • 25 g de azucre
  • Unha pizca de sal
  • 50 g de manteiga
  • 25 g de fermento fresco (un cuadradiño enteiro)

PREPARACIÓN

Quentamos uns segundos o leite no microondas e engadimos o azucre e a levadura, deixando que repose 10 minutos.

Tamizamos a fariña con axuda dun colador, engadimos o sal e reservamos hasta que hayan trascurrido los 10 minutos.

Incorporamos a leite e a levadura e mesturamos. Batimos o ovo noutro recipiente e engadimos a fariña. Mesturamos ben e engadimos a manteiga, se está moi dura quentámola un pouco no microondas e mesturamos todo ben de novo.

Unha vez temos todo mesturadiño comezamos a amasar coas mans a masa e a traballala durante uns minutos. Facemos una bola coa masa e a tapamos cun paño.

 Primeiro reposo

  1. Deixamos reposar durante 90 minutosno interior do microondas ou dun armario. Durante este tempo a masa aumentará o seu tamaño.
  2. Transcurrido este tempo, collemos a masa e a dividimos en porcións iguais.Facemos bolas (un número par), engrasamos o molde con manteiga e colocamos as bolas cubrindo o molde.

Segundo reposo

  1. Unha vez colocadas, cubrimos cun paño.Deixamos reposar durante 25 minutos antes de meter ao forno para que a masa nos quede máis esponxosa. Batimos un ovo e pintamos.
  2. Precalentamos o forno a 180 grados, metemos ao forno durante 10-15 Cando vexamos que está feito, apagamos e deixamos reposar uns 5 minutos.

Receita de Galletas de Nata con Feiraco

Nova receita con Feiraco! Hoxe traemos un clásico que nunca falla: galletas de nata!

Anímaste?

Ingredientes:

  • 250 g de fariña
  • 200 ml de nata para montar Feiraco
  • 180 g de azucre
  • 1 xema de ovo
  • 1/2 culleradiña de vainilla
  • 1 chisco de sal

 

Preparación:

  1. Nun recipiente amplo, mesturamos a nata para montar Feiraco, a xema de ovo e o azucre. Batimos todos os ingredientes ata que estean ben integrados.
  2. Incorporamos a esencia de vainilla e un chisco de sal.
  3. Peneiramos a fariña e engadímola ao resto da mestura, pouco a pouco para evitar que se formen gromos. Mesturamos ata obter unha masa homoxénea.
  4. Repousamos a mas auns 30 minutos no refrixerador. Pasado ese tempo deberíamos obter unha masa branda, lixeiramente pegañenta pero maleable coas mans.
  5. Cubrimos a bandexa con papel de forno.
  6. Imos collendo porcións de masa e depositándoas na bandexa, podemos axudarnos de dúas culleres se nos resulta máis sinxelo. Deixamos separación entre elas porque tenden a expandirse. Despois, engraxamos as mans con aceite e comezamos a formar boliñas. Podemos poñerlles un pouco de azucre se nos apetece.
  7. Co forno prequentado, metemos as galletas a 180 ºC durante uns 12 –15 minutos, ata que vexamos que os bordos comenzan a dorarse.
  8. Cando estean listas, sacámolas do forno e deixamos que arrefríen. Xa só queda o mellor paso: saborealas!