Receita de Galletas de Nata con Feiraco

Nova receita con Feiraco! Hoxe traemos un clásico que nunca falla: galletas de nata!

Anímaste?

Ingredientes:

  • 250 g de fariña
  • 200 ml de nata para montar Feiraco
  • 180 g de azucre
  • 1 xema de ovo
  • 1/2 culleradiña de vainilla
  • 1 chisco de sal

 

Preparación:

  1. Nun recipiente amplo, mesturamos a nata para montar Feiraco, a xema de ovo e o azucre. Batimos todos os ingredientes ata que estean ben integrados.
  2. Incorporamos a esencia de vainilla e un chisco de sal.
  3. Peneiramos a fariña e engadímola ao resto da mestura, pouco a pouco para evitar que se formen gromos. Mesturamos ata obter unha masa homoxénea.
  4. Repousamos a mas auns 30 minutos no refrixerador. Pasado ese tempo deberíamos obter unha masa branda, lixeiramente pegañenta pero maleable coas mans.
  5. Cubrimos a bandexa con papel de forno.
  6. Imos collendo porcións de masa e depositándoas na bandexa, podemos axudarnos de dúas culleres se nos resulta máis sinxelo. Deixamos separación entre elas porque tenden a expandirse. Despois, engraxamos as mans con aceite e comezamos a formar boliñas. Podemos poñerlles un pouco de azucre se nos apetece.
  7. Co forno prequentado, metemos as galletas a 180 ºC durante uns 12 –15 minutos, ata que vexamos que os bordos comenzan a dorarse.
  8. Cando estean listas, sacámolas do forno e deixamos que arrefríen. Xa só queda o mellor paso: saborealas!