Receita crema depurativa

Nova receita con Feiraco! Pero esta vez… edición detox! Hoxe toca sopa para axudarche a limpar o organismo e retomar os bos hábitos despois dos excesos do Nadal. Iso si: prometémosche que está boísima e co toque final de Feiraco, adquirirá unha textura moi cremosa.

Ingredientes:

  • Medio repolo
  • 4 tomates maduros
  • 2 cebolas
  • 1 penca de apio grande
  • 1 pemento verde
  • Sal e pementa ao gusto
  • Un chorrito de Leite Feiraco Desnatado
  • Aceite de oliva

Preparación:

  • Nun chorriño de aceite, poñemos a rustrir todas as verduras previamente lavadas, peladas e cortadas en anacos. Este paso daralle un extra de sabor ao resultado final!
  • Transcorridos uns minutos, cubrimos de auga e salpimentamos.
  • Deixamos cocer ben todo ata que as verduras estean tenras. Se tes unha pota rápida, nuns minutos estarán listas.
  • Pasamos todo pola batedora e como toque final incorporamos un chorriño de Leite Feiraco Desnatado. Quedará unha textura moi cremosa e de sabor moi suave.

Bo proveito!

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

FEIRACO reforza o seu compromiso co deporte galego

27 Outubro, 2025

Ler máis

FEIRACO lanza iogures galegos e de cooperativa

8 Outubro, 2025

Ler máis

Dez tempadas de alianza: Feiraco renova o seu patrocinio co RC Deportivo de A Coruña

6 Outubro, 2025

Ler máis