Receita Ponche de Nadal con Leite Feiraco

Este Nadal máis caseiro non poderá ser. Traémosvos a receita do tradicional ponche, perfecto para gozar pequenos e maiores. Iso si, cun toque 100% galego de Feiraco!

 

Ingredientes para catro persoas:
3 cuncas de leite Feiraco
4 ovos
1/2 cunca de azucre
1 tira de casca de limón
1 vaina de vainilla
1 chisco de noz moscada
1 chisco de canela en po

 

Preparación:

– Comezamos infusionando o leite. Para iso, pono ao lume nun cazo xunto coa vainilla e o limón.
– Paralelamente, separa as xemas das claras. Bate as xemas de ovo xunto con media cunca de azucre.
– Cando o leite estea a piques de ferver, vérteo sobre as xemas batidas e remove ben.
– Mantén esta mestura a lume medio sen deixar de remover ata que espese e adquira a consistencia dunha crema.
– Vértea en recipientes individuais e déixaa repousar a temperatura ambiente.
– Á parte, bate as claras a punto de neve cun pouco de azucre e engádeas á preparación anterior.

Listo para degustar![/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis

O equipo de nenos e nenas de CLUN sae ao campo coas xogadoras do Deportivo Abanca no encontro co FC Barcelona

17 Marzo, 2026

Ler máis

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis