Receita de flan de chocolate Feiraco

Un flan cos batidos de chocolate Feiraco cheo de sabor que vai ser a sobremesa perfecta do verán. Repetiredes unha e outra vez!

Ingredientes
3 ovos
3 batidos de chocolate Feiraco

Preparación
Bater os ovos co batido ata que quede unha masa cremosa e cun pouco de escuma.

Botar auga na bandexa central do forno e poñelo a 200º C ata ferver a auga.

Poñer a crema de flan no molde, cubrir con papel de aluminio e meter ao forno. Sempre na bandexa coa auga durante unha hora a uns 200º C, ata que os flanes estean callados.

Pasado ese tempo, probar cun coitelo para ver se están totalmente callados. Se sae limpo xa estarán listos.

Primeiro deixar arrefriar a temperatura ambiente para logo meter na neveira. Ao día seguinte desmoldar con coidado e… A gozar dun delicioso flan!

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis

Feiraco celebra ‘Un Nadal para todos’ unindo xeracións e tradicións

18 Decembro, 2025

Ler máis

FEIRACO reforza o seu compromiso co deporte galego

27 Outubro, 2025

Ler máis