Pan de leite esponxoso

Nova receita con Feiraco! Anímaste?

INGREDIENTES

  • 450 g de fariña
  • 2 ovos
  • 225 ml de leite
  • 25 g de azucre
  • Unha pizca de sal
  • 50 g de manteiga
  • 25 g de fermento fresco (un cuadradiño enteiro)

PREPARACIÓN

Quentamos uns segundos o leite no microondas e engadimos o azucre e a levadura, deixando que repose 10 minutos.

Tamizamos a fariña con axuda dun colador, engadimos o sal e reservamos hasta que hayan trascurrido los 10 minutos.

Incorporamos a leite e a levadura e mesturamos. Batimos o ovo noutro recipiente e engadimos a fariña. Mesturamos ben e engadimos a manteiga, se está moi dura quentámola un pouco no microondas e mesturamos todo ben de novo.

Unha vez temos todo mesturadiño comezamos a amasar coas mans a masa e a traballala durante uns minutos. Facemos una bola coa masa e a tapamos cun paño.

 Primeiro reposo

  1. Deixamos reposar durante 90 minutosno interior do microondas ou dun armario. Durante este tempo a masa aumentará o seu tamaño.
  2. Transcurrido este tempo, collemos a masa e a dividimos en porcións iguais.Facemos bolas (un número par), engrasamos o molde con manteiga e colocamos as bolas cubrindo o molde.

Segundo reposo

  1. Unha vez colocadas, cubrimos cun paño.Deixamos reposar durante 25 minutos antes de meter ao forno para que a masa nos quede máis esponxosa. Batimos un ovo e pintamos.
  2. Precalentamos o forno a 180 grados, metemos ao forno durante 10-15 Cando vexamos que está feito, apagamos e deixamos reposar uns 5 minutos.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis

Feiraco celebra ‘Un Nadal para todos’ unindo xeracións e tradicións

18 Decembro, 2025

Ler máis

FEIRACO reforza o seu compromiso co deporte galego

27 Outubro, 2025

Ler máis