Receita de galletas de nata Feiraco

Estas galletas teñen un sabor exquisito grazas á nata Feiraco. Son moi doadas de facer e se tedes nenos na casa, seguro que se animan a axudarvos! Antes de nada: faite cuns moldes en forma de letras!

Ingredientes
1 ovo
200 g de fariña de trigo
200 g de fariña de espelta (pode substituírse por fariña de trigo)
200 ml de nata para montar Feiraco
150 g de azucre
1 sobre de fermento químico (8 g)
sal

Preparación
Monta o azucre co ovo ata que branquee. Mestura coa nata.
Engade a fariña, o sal e o fermento e integra con axuda dun garfo ou unha culler.
A masa é pegañenta, non te preocupes. Forma unha bóla e gárdaa nun recipiente pechado na neveira como mínimo durante 1 hora.
Saca a masa da neveira e estíraa sobre unha superficie con fariña coa axuda dun rodete ou unha botella ata que quede unha lámina de 0,5 cm de espesor. Tenderá a pegarse, así que engade fariña aos poucos.
Recorta as galletas con moldes de letras (ou con axuda dun vaso) e colócaas na placa de forno sobre papel de enfornar.
Enfornamos durante 10 minutos a 180º (forno prequentado). Retiramos e deixamos arrefriar sobre unha reixa.

Gárdanse moi bien nunha lata durante uns días, pero seguro que dades boa conta delas en canto arrefríen!

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

As mulleres e a literatura con perspectiva feminista protagonizan as mellores historias do XIV certame de microrrelatos Letras Galegas de Feiraco

26 Xuño, 2026

Ler máis

David Mella e Marisa García do RC Deportivo en Eroski con Feiraco

5 Maio, 2026

Ler máis

Unha experiencia emocionante co RC Deportivo para a rapazada

21 Abril, 2026

Ler máis