Mulleres de Seu leva o seu proxecto ao Congreso dos Deputados

  • Nunha visita que organizaron onte e na que foron recibidas pola presidenta da Cámara Baixa, Ana Pastor, e polas Comisións de Igualdade e de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • A iniciativa Mulleres de Seu, que agrupa na actualidade a máis de 150 socias, constitúe a aposta de Cooperativas Lácteas Unidas pola igualdade e busca o desenvolvemento profesional como empresarias e gandeiras

Continue reading “Mulleres de Seu leva o seu proxecto ao Congreso dos Deputados”

Exceleite, os premios ao leite máis excelente!

Sabedes o que son os Premios Exceleite? Son uns galardóns que recoñecen a excelencia hixiénico-sanitaria das explotacións leiteiras. Dito doutro xeito: premian a calidade dende a orixe e o compromiso dos gandeiros e gandeiras no labor que realizan nas súas propias granxas. Están convocados pola Xunta de Galicia, en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), polo que poden participar todas aquelas que estean dadas de alta no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (Recaldi): concretamente máis de 5.000!

Pois ben, tres granxas de CLUN foron galardoadas na segunda edición destes premios e outras seis quedaron entre as 50 finalistas. Entre os 20 gañadores de 2018 atópanse as granxas da nosa cooperativa María Gómez Varela (Melide), Únicla Pereiriña S.C. (Val do Dubra) e Únicla Mónica Landeira y otros S.C. (Val do Dubra). Ademais, tamén temos que felicitar ás outras seis granxas CLUN que se situaron entre as 50 finalistas: A Lagoa de Segabel S.C., A Fraga S.C., Carreira de Abeleiras, Manuel Calvelo Capelo, Vinculado e Casa Xepe S.C.

NORABOA a todas elas xa que o seu excelente traballo é tamén toda unha garantía para os consumidores. Calidade de principio a fin!

As granxas ÚNICLA, exemplo de sostibilidade en Bruxelas

Orgullosos dos nosos gandeiros e gandeiras! Mónica Landeira, unha das socias da nosa cooperativa, participa en Bruxelas na EU Agricultural Outlook Conference, a conferencia anual sobre Perspectivas da Agricultura da UE que organiza a Comisión Europea e, polo tanto, un dos eventos máis importantes do sector.

Continue reading “As granxas ÚNICLA, exemplo de sostibilidade en Bruxelas”

CLUN lanza ao mercado a súa manteiga Únicla, a única ‘naturalmente fácil de untar’

  • Poderase atopar en formato lata de 250 gramos desde este mes de outubro
  • Ten un menor contido de graxas saturadas que as manteigas convencionais e maior achega de omega3 e CLA, de forma totalmente natural
  • A cooperativa continúa ampliando a súa gama de produtos e apostando pola súa marca Premium Únicla

Continue reading “CLUN lanza ao mercado a súa manteiga Únicla, a única ‘naturalmente fácil de untar’”

Feiraco cumpre 50 anos liderando o lácteo dende o cooperativismo

  • Máis de 300 persoas entre socios, clientes e colaboradores celebraron o medio século de historia de Feiraco cun acto institucional que contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, entre outras destacadas personalidades institucionais
  • Durante o evento fíxose entrega de recoñecementos a diferentes institucións e persoas que contribuíron ao desenvolvemento de Feiraco desde as súas diferentes áreas de influencia

Continue reading “Feiraco cumpre 50 anos liderando o lácteo dende o cooperativismo”

O grupo “Mulleres de Seu” lidera o empoderamento feminino no rural galego

• Mulleres de Seu, iniciativa que integra xa a máis dun cento de socias da cooperativa CLUN, organizou un Encontro para celebrar o Día Internacional das Mulleres Rurais

• O foro propiciou un espazo de debate sobre a posición das mulleres no mundo rural galego, nunha mesa redonda moderada pola decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, María Emilia Vázquez

• A coordinadora de ‘Mulleres de Seu’, Carmen Rodríguez, presentou o programa que desenvolverá nas próximas datas e fixo unha chamada aos seus integrantes para “continuar crecendo neste proxecto común a favor do liderado das mulleres no rural” Continue reading “O grupo “Mulleres de Seu” lidera o empoderamento feminino no rural galego”

CLUN apoia o deporte feminino patrocinando ao equipo de baloncesto Baxi Ferrol

  • A equipación deportiva contará coa presenza das marcas Feiraco e Clesa
  • Esta colaboración enmárcase nas acción da Cooperativa en materia de igualdade e difusión e promoción do deporte feminino

  Continue reading “CLUN apoia o deporte feminino patrocinando ao equipo de baloncesto Baxi Ferrol”

“Mulleres de Seu”, Premio Agader 2018

  • A vicepresidenta de Feiraco e coordinadora deste grupo de empoderamento feminino no rural recolleu hoxe a distinción na categoría Mulleres en presenza do presidente da Xunta
  • A iniciativa Mulleres de Seu, que agrupa na actualidade a máis de 150 socias, constitúe a aposta de Cooperativas Lácteas Unidas pola igualdade e busca o desenvolvemento profesional como empresarias e gandeiras 

Continue reading ““Mulleres de Seu”, Premio Agader 2018″