CLUN lanza ao mercado a súa manteiga Únicla, a única ‘naturalmente fácil de untar’

  • Poderase atopar en formato lata de 250 gramos desde este mes de outubro
  • Ten un menor contido de graxas saturadas que as manteigas convencionais e maior achega de omega3 e CLA, de forma totalmente natural
  • A cooperativa continúa ampliando a súa gama de produtos e apostando pola súa marca Premium Únicla

 

Ponte Maceira, 25 de outubro de 2018.- O leite Premium de CLUN, Únicla, engade á súa gama un novo produto: a manteiga, a única naturalmente fácil de untar, procedente de granxas certificadas en benestar animal. No mercado desde este mes, poderase atopar en formato lata de 250 gramos.

 

CLUN traslada a este novo produto o perfil mellorado de acedos grasos do leite Únicla, procedente da alimentación diferencial e o benestar animal das vacas. A nova manteiga Únicla conta cun 50% máis de acedos grasos poliinsaturados que unha convencional, con achegue de Omega3 e CLA de forma natural e menor contido, por tanto, de graxas saturadas; ademais de presentar unha maior untabilidade na súa textura.

 

Só manteiga!

A diferenza doutras manteigas presentes no mercado “fáciles de untar”, a manteiga Únicla non contén outros ingredientes ou aditivos artificiais para garantir unha textura uniforme e fácil untabilidade. A manteiga Únicla só contén manteiga!.

 

Únicla, 100% natural e única

A alimentación 100% natural e o coidado esmerado das vacas, en contornas tranquilas e saudables en explotacións dos socios cooperativistas certificadas por Aenor en Benestar Animal, son o segredo de Únicla, un leite como o de antes, cun sabor único e natural.

 

Únicla é sinónimo de innovación, mellorando o perfil nutricional do leite a partir da alimentación das vacas complementada con sementes de liño, obtendo os beneficios dos pastos de primavera durante todo o ano. Desta maneira, lógrase un leite de altísima calidade e sabor, perfil graxo mellorado e presenza de forma natural de Omega 3, CLA e Selenio, con certificado Galega 100% e selo de Galicia Calidade.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

FEIRACO súmase á festa do 25 aniversario da Liga do DÉPOR cunha edición especial de merchandising esgotada en minutos

20 Maio, 2025

Ler máis

Feiraco honra o Día das Letras Galegas exaltando o folclore como esencia da nosa cultura

14 Abril, 2025

Ler máis

Galicia é Campo de Artistas: estas Letras Galegas soan mellor ca nunca!

14 Abril, 2025

Ler máis