Unha xornada en Abegondo na que entrenaron como profesionais, recuperaron forzas cunha merenda FEIRACO e coñeceron aos xogadores do RC Deportivo.
O sábado 18 de abril regalámoslles aos máis cativos e cativas un deses recordos que quedarán gravados na súa memoria. Vestidos coa equipación de FEIRACO, viviron unha emocionante mañá na Cidade deportiva de Abegondo. Máis que un evento deportivo; foi unha experiencia inolvidable onde a ilusión inundou o terreo de xogo.
A benvida na sala de prensa
A aventura comezou cedo, cando todos os nenos e nenas se achegaron ata a porta de Abegondo. O equipo técnico do Deportivo deulles unha benvida moi especial nada menos que na sala de prensa, un momento máxico nun escenario que ata entón só viran na televisión. Sentarse alí, onde falan os seus ídolos despois de cada partido, fíxolles sentir que este día ía ser algo fóra do común.
Adestrando como os mellores
O prato forte agardaba fóra. Unha vez no céspede, a rapazada tivo a oportunidade de entrenar como auténticos xogadores profesionais. Guiados en todo momento polos adestradores da canteira do RC Deportivo, pasárono en grande compartindo o balón cos seus compañeiros e compañeiras. Daba gusto ver o esforzo e a calidade que teñen os nosos pequenos e pequenas futbolistas!
Para repoñer forzas despois de tanto correr, fixemos unha pausa necesaria cunha merenda con produtos Feiraco, o aliado perfecto para recuperar enerxías e seguir coa xornada coas pilas cargadas.
O encontro cos seus ídolos
O momento máis emocionante de toda a mañá chegou case ao final, cando os nenos e nenas se atoparon cara a cara cos xogadores do RC Deportivo. Lonxe de protocolos, foi un encontro próximo e humano onde se sacaron fotos e recibiron as súas firmas.
Grazas a todos os que fixestes posible esta xornada de fútbol e valores. A canteira está máis viva que nunca!
Mira o ben que o pasaron:

















