Exceleite, os premios ao leite máis excelente!

Sabedes o que son os Premios Exceleite? Son uns galardóns que recoñecen a excelencia hixiénico-sanitaria das explotacións leiteiras. Dito doutro xeito: premian a calidade dende a orixe e o compromiso dos gandeiros e gandeiras no labor que realizan nas súas propias granxas. Están convocados pola Xunta de Galicia, en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), polo que poden participar todas aquelas que estean dadas de alta no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (Recaldi): concretamente máis de 5.000!

Pois ben, tres granxas de CLUN foron galardoadas na segunda edición destes premios e outras seis quedaron entre as 50 finalistas. Entre os 20 gañadores de 2018 atópanse as granxas da nosa cooperativa María Gómez Varela (Melide), Únicla Pereiriña S.C. (Val do Dubra) e Únicla Mónica Landeira y otros S.C. (Val do Dubra). Ademais, tamén temos que felicitar ás outras seis granxas CLUN que se situaron entre as 50 finalistas: A Lagoa de Segabel S.C., A Fraga S.C., Carreira de Abeleiras, Manuel Calvelo Capelo, Vinculado e Casa Xepe S.C.

NORABOA a todas elas xa que o seu excelente traballo é tamén toda unha garantía para os consumidores. Calidade de principio a fin!

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

As mulleres e a literatura con perspectiva feminista protagonizan as mellores historias do XIV certame de microrrelatos Letras Galegas de Feiraco

26 Xuño, 2026

Ler máis

David Mella e Marisa García do RC Deportivo en Eroski con Feiraco

5 Maio, 2026

Ler máis

Unha experiencia emocionante co RC Deportivo para a rapazada

21 Abril, 2026

Ler máis