Dende hai máis de 50 anos Feiraco é un referente no sector lácteo galego, demostrando que se pode apostar por un modelo sustentable no sector gandeiro, xerando emprego e riqueza no rural.

En 2017, xunto coas cooperativas Os Irmandiños e Melisanto, emprendemos o proxecto líder no cooperativismo galego, uníndonos nunha soa cooperativa: CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas).

Descubre a historia dunha gran cooperativa

1968

É o ano no que todo comeza. Unión de gandeiros do Val de Barcala.

1970

Construción dunha fábrica de pensos.

1971

Recollida e comercialización do leite.

1974

Envasado de longa vida UHT e inauguración da planta.

1980

Medramos. Novos servizos: economato, gasolineira, taller, veterinaria.

1990

O leite Feiraco obtén o premio Carrefour ao mellor leite.

2000

Planta de coxeración.

2009

Primeiro Premio Europeo á Innovación Cooperativa.

2009

Adhesión á Rede do Pacto Mundial de Nacións Unidas.

2011

Certificación Galega 100%

2011

Obtención do Distintivo de Igualdade na Empresa. Certificación Empresa Familiarmente Responsable.

2012

Entrega da certificación ISO 22000 a 9 gandarías.

2013

Adhesión Convenio Produtos Lácteos Sustentables.

2013

Celebración da I Xornada Técnica coa participación de máis de 500 socios e profesionais do sector.

2013

Homenaxe póstuma ao presidente de honra e fundador da cooperativa, Jesús García Calvo.

2013

Inauguración e integración na Rede EUSUMO para o desenvolvemento do Cooperativismo e a Economía Social.

2014

Membro do primeiro encontro anual do Grupo de Representación Empresarial en materia de RSE da Xunta de Galicia.

2014

Premio á Mellor Peme Agroalimentaria, outorgado polos clientes de Carrefour.

2015

Celebración da II Xornada Técnica coa participación de máis de 600 profesionais do sector.

2015

Alianza coa cooperativa estadounidense Blue Diamond Growers para distribuír o leite de améndoas Almond Breeze en España.

2016

Premio Responsabilidade Social en Movemento, concedido pola Xunta de Galicia a todo o equipo humano de Feiraco.

2016

Caixabank e a CEOE concédenlle a Feiraco o premio galego Carácter Empresa pola innovación.

2016

Feiraco forma parte da nova cooperativa de 2º grao CLUN

2017

Feiraco introduce un novo envase: máis cómodo, innovador e sustentable.

2017

CLUN, primeira láctea española coa certificación Carbón Neutral nos seus envases Pure-Pak®

2019

Lanzamos Leite Feiraco Semidesnatado Sen Lactosa en formato 200 ml

2020

Lanzamento do novo deseño dos envases Feiraco

2021

Certificación IFS Food, que garantiza os estándares máis elevados de seguridade alimentaria.

Actualmente contamos con 2.500 socios e socias e preto de 500 gandarías, todas elas concentradas na área de influencia das comarcas coruñesas de Santiago, Ordes e Arzúa, o que contribúe non só na calidade e trazabilidade dos nosos produtos, senón tamén a deixar unha menor pegada de carbono.

Todo conta no coidado do medio ambiente!

Elixe Galicia ao 100%

Ti tamén sumas coa túa decisión de compra! Pertencemos á única cooperativa que só envasa leite das ganderías dos nosos cooperativistas. Sabes o que elixes cando elixes Feiraco?

— Elixes o traballo de miles de gandeiros e gandeiras, que apostan polo rural como medio de vida, xerando riqueza na nosa terra. Eles son os únicos donos e decisores da cooperativa.

— Elixes un modelo de negocio sen intermediarios no que os cooperativistas reciben un pago xusto polo leite.

— Elixes economía de proximidade. Somos lácteos KM 0! Todas as granxas están nun radio de apenas dúas horas da nosa fábrica de Ames! Maior frescura, imposible.

Elixes calidade dende a orixe. Só a nosa cooperativa pode garantirche trazabilidade ao 100% comezando polos propios cultivos forraxeiros cos que logo se alimentan as nosas vacas.

Elixes Galicia. Elixes xerar valor e sostibilidade no rural.

Os nosos compromisos

O noso lema Alimentando un Xeito de Ser é a filosofía que mellor define os nosos valores e compromisos!

Comprometidos coa calidade de levar os mellores produtos lácteos á túa casa con tódalas garantías de seguridade alimentaria! Dito doutro xeito: dende ó campo á mesa, calidade de principio a fin!

Comprometidos coa innovación. Sempre estamos argallando como facelo mellor! E isto abrangue produtos, servizos, procesos… Non paramos!

Comprometidos cos nosos socios e socias, aos que garantimos todos os servizos, recursos e formación que precisan para desenvolver a súa actividade.

Comprometidos cos nosos empregados. Promover a igualdade de oportunidades e facilitar a conciliación laboral e familiar son algunhas das claves da nosa política de Recursos Humanos e que se recolle tamén no noso Plan de Igualdade.

Comprometidos coa sociedade. En Feiraco colaboramos con diferentes entidades sociais e bancos de alimentos da nosa contorna. Tamén damos o noso apoio a actividades deportivas e culturais da nosa área de influencia. Gústanos estar preto de ti!