Receita de tortitas e leite sen lactosa Feiraco

Anímate e prepara estas tortitas de froitas sen gluten, sen azucre e sen lactosa feitas co noso leite sen lactosa FEIRACO. Están deliciosas! ??? 

 

 

Ingredientes 

  1. 150 ml de fariña de avea
  2. 100 ml de leite semidesnatado sen lactosa Feiraco
  3. 30 g de copos de avea
  4. 2 ovos
  5. 2 plátanos
  6. 20 ml de aceite de oliva
  7. 1 culleradiña de fermento químico
  8. Canela ao gusto
  9. Arandos

Preparación 

  1. Chafa o plátano nun bol ata lograr una textura de puré.
  2. Logo engade os ovos para bater ata obter unha mestura homoxénea.
  3. Engadir o leite, a fariña de avea, os copos de avea, a culleradiña de fermento químico e a canela ao gusto. Remata de mesturar ata obter una textura pastosa.
  4. Dependendo da calidade da avea pode quedar máis espeso. Corrixe con máis leite Feiraco se é o caso.
  5. Nunha tixola quente e ben engraxada, verter un pouco de masa e estender para facer unha tortita circular.
  6. Unha vez cociñada un pouco, engadir os arandos por riba. Cando os bordes estean opacos, darlles volta e cociñar uns minutos máis. Repetir ata rematar con toda a masa.
  7. Servir con manteiga Únicla, amorodos, arandos e un pouco de mel.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

David Mella e Marisa García do RC Deportivo en Eroski con Feiraco

5 Maio, 2026

Ler máis

Unha experiencia emocionante co RC Deportivo para a rapazada

21 Abril, 2026

Ler máis

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis