Receta de Croquetas de cabaciña e leite Feiraco

As croquetas de aproveitamento están moi boas. Anímate e proba estas que vos propoñemos! Son de cabaciña e queixo feitas co leite semidesnatado FEIRACO. Están de vicio! ??

 

 

Ingredientes 

  1. 1 cabaciña
  2. 150 g de queixo gruyere
  3. ½ porro
  4. 40 g de fariña
  5. 40 g de manteiga de Únicla
  6. 400 ml do leite semidesnatado Feiraco
  7. 100 g de pan relado
  8. 1 ovo
  9. Pirixel
  10. Aceite de oliva virxe extra
  11. Sal e pementa

croquetas de cabaciña e queixo

Preparación 

  1. Ten todos os ingredientes preparados. Lava e corta a cabaciña en anacos. Cociña no forno do microondas 2 min a potencia máxima.
  2. Petiscar o porro e cortar o queixo en dados tamén.
  3. Nunha tixola quenta a manteiga e sofrite o porro un par de minutos. Engade logo a fariña e deixala un minuto ata que doure.
  4. Verter o leite semidesnatado FEIRACO e remexer ata espesar. Sazonar ao teu gusto sen deixar de remexer.
  5. Engadir a cabaciña e o queixo e mesturar moi ben.
  6. Verter o preparado nunha bandexa e deixar reposar durante catro horas na neveira.
  7. Prepara o ovo e o pan para rebozar. Ao pan relado podes engadirlle o pirixel seco.
  8. Fai doble rebozado. Forma as croquetas para pasalas pola mestura de pan, ovo batido e de novo polo pan relado.
  9. Fritir en abundante aceite quente ata douralas. Escorrer e deixar nun papel para que absorban o excedente de aceite.

MÁIS NOTICIAS

Descubre todas as novidades de Feiraco e mantente ao tanto de todo o que facemos.

Ver todas as noticias

Día das Letras Galegas en FEIRACO: XIV Certame de Microrrelatos “Vai de mulleres”

1 Abril, 2026

Ler máis

O equipo de nenos e nenas de CLUN sae ao campo coas xogadoras do Deportivo Abanca no encontro co FC Barcelona

17 Marzo, 2026

Ler máis

As familias gandeiras de Feiraco saen ao campo cos xogadores do RC Deportivo

11 Marzo, 2026

Ler máis