De onde vén o leite?, o conto de Feiraco para os máis pequenos da casa

  • O libro, na súa dobre versión para nenos de 3 a 7 e de 7 a 10 anos, será presentado e representando na granxa SAT Busto Corzón de Mazaricos polos seus autores Enrique Mauricio e Carlos Taboada aos alumnos de diferentes colexios da Coruña durante os meses de setembro e outubro.
  • De onde vén o leite? achega a través dos ollos dos seus protagonistas as claves para entender a historia do leite en Galicia e detalles sobre o manexo, alimentación das nosas vacas, o método e a filosofía de Feiraco, baseados no lema Alimentando un xeito de ser.
  • A primeira sesión de contacontos será o martes, 17 de setembro, ás 11:00 horas, dirixida aos alumnos do CPI da Picota, do Concello de Mazaricos.

Ponte Maceira, 16 de setembro de 2013.- De onde vén o leite? dálle vida literaria aos pequenos Roi e Belén que descobren, gracias á súa familia, amigos e profesores, os segredos do mundo leiteiro en Galicia; desde a importancia dos pastos, pasando polo manexo e o ordeño dos animais, o tratamento e envasado en fábrica ata os briks de leite Feiraco que chegan cada día a milleiros de fogares de toda a Comunidade e fóra dela. “Sinxelos, entretidos e sentidos contos pensados tanto para nenos de 3 a 7 anos como de 7 a 10 é a nova fórmula que poñemos en marcha desde a Cooperativa para achegarnos aos máis pequenos da casa dun xeito ameno, participativo e educativo”, explica a responsable de marqueting de Feiraco, Mónica Casas.

O leite: unha aventura para ler, beber e vivir

Máis de 1.000 nenos de entre 3 e 10 anos de diferentes colexios da provincia da Coruña terán a oportunidade de asistir en directo, durante os meses de setembro e outubro, á representación desta obra da man dos seus propios creadores. Os autores da coñecida colección infantil de Xerais “Polo Correo do Vento”, Enrique Mauricio e Carlos Taboada, escenificarán a pé de campo, na granxa SAT Busto Corzón de Mazaricos, as aventuras dos protagonistas de De onde vén o leite?.

Roi, Belén, Antía, Mari, Kaizen ou Ramón, entre outros moitos personaxes, comenta Mónica Casas “entrarán a formar parte das vidas dos nosos pequenos trasladándolles as tarefas cotiás dunha explotación gandeira produtora de leite, así como as rutinas, costumes e valores propios do rural galego; ademais de achegarlles o método de Feiraco, calidade de principio a fin e a súa filosofía empresarial que se resume no lema ‘Alimentando un xeito de ser’”.

Preto da nosa orixe

“Seguindo a estela profesional de Enrique e Carlos, os autores das dúas adaptacións do libro, De onde vén o leite? concíbese para iniciar os escolares, desde idades moi temperás, no coñecemento do noso contorno natural e doutros temas ligados ás tradicións do noso país”, apunta a responsable de marqueting da Cooperativa. A historia do pequeno Roi que acompaña a súa tía veterinaria, Antía, no seu traballo rutinario a unha explotación gandeira ou a de Belén e Anxo que van de excursión a unha granxa de leite, convértense nas historias de calquera cativo galego que, non tendo contacto directo co medio rural, ten a oportunidade de entender, sentir e vivir desde dentro un agro moderno, competitivo e  rendible que sabe adecuarse aos tempos actuais e que Feiraco retrata con mestría nestes contos.

MÁS NOTICIAS

Descubre todas las novedades de Feiraco y mantente al tanto de todo lo que hacemos.

Ver todas las noticias

Feiraco renueva su imagen con el campo gallego como protagonista

13 febrero, 2025

Ler máis

FEIRACO Lácteos firma su convenio colectivo hasta 2026 con la unanimidad de los sindicatos

9 diciembre, 2024

Ler máis

Feiraco regresa a las camisetas del RC Deportivo 24 años después

29 agosto, 2024

Ler máis