- O libro, na súa dobre versión para nenos de 3 a 7 e de 7 a 10 anos, será presentado e representando na granxa SAT Busto Corzón de Mazaricos polos seus autores Enrique Mauricio e Carlos Taboada aos alumnos de diferentes colexios da Coruña durante os meses de setembro e outubro.
- De onde vén o leite? achega a través dos ollos dos seus protagonistas as claves para entender a historia do leite en Galicia e detalles sobre o manexo, alimentación das nosas vacas, o método e a filosofía de Feiraco, baseados no lema Alimentando un xeito de ser.
- A primeira sesión de contacontos será o martes, 17 de setembro, ás 11:00 horas, dirixida aos alumnos do CPI da Picota, do Concello de Mazaricos.
Ponte Maceira, 16 de setembro de 2013.- De onde vén o leite? dálle vida literaria aos pequenos Roi e Belén que descobren, gracias á súa familia, amigos e profesores, os segredos do mundo leiteiro en Galicia; desde a importancia dos pastos, pasando polo manexo e o ordeño dos animais, o tratamento e envasado en fábrica ata os briks de leite Feiraco que chegan cada día a milleiros de fogares de toda a Comunidade e fóra dela. “Sinxelos, entretidos e sentidos contos pensados tanto para nenos de 3 a 7 anos como de 7 a 10 é a nova fórmula que poñemos en marcha desde a Cooperativa para achegarnos aos máis pequenos da casa dun xeito ameno, participativo e educativo”, explica a responsable de marqueting de Feiraco, Mónica Casas.
O leite: unha aventura para ler, beber e vivir
Máis de 1.000 nenos de entre 3 e 10 anos de diferentes colexios da provincia da Coruña terán a oportunidade de asistir en directo, durante os meses de setembro e outubro, á representación desta obra da man dos seus propios creadores. Os autores da coñecida colección infantil de Xerais “Polo Correo do Vento”, Enrique Mauricio e Carlos Taboada, escenificarán a pé de campo, na granxa SAT Busto Corzón de Mazaricos, as aventuras dos protagonistas de De onde vén o leite?.
Roi, Belén, Antía, Mari, Kaizen ou Ramón, entre outros moitos personaxes, comenta Mónica Casas “entrarán a formar parte das vidas dos nosos pequenos trasladándolles as tarefas cotiás dunha explotación gandeira produtora de leite, así como as rutinas, costumes e valores propios do rural galego; ademais de achegarlles o método de Feiraco, calidade de principio a fin e a súa filosofía empresarial que se resume no lema ‘Alimentando un xeito de ser’”.
Preto da nosa orixe
“Seguindo a estela profesional de Enrique e Carlos, os autores das dúas adaptacións do libro, De onde vén o leite? concíbese para iniciar os escolares, desde idades moi temperás, no coñecemento do noso contorno natural e doutros temas ligados ás tradicións do noso país”, apunta a responsable de marqueting da Cooperativa. A historia do pequeno Roi que acompaña a súa tía veterinaria, Antía, no seu traballo rutinario a unha explotación gandeira ou a de Belén e Anxo que van de excursión a unha granxa de leite, convértense nas historias de calquera cativo galego que, non tendo contacto directo co medio rural, ten a oportunidade de entender, sentir e vivir desde dentro un agro moderno, competitivo e rendible que sabe adecuarse aos tempos actuais e que Feiraco retrata con mestría nestes contos.