Letras Galegas, parte do ADN de Feiraco

Que pasa se sacamos unha vaca do prado e a levamos a unha biblioteca? En Feiraco queremos sumarnos un ano máis á celebración das Letras Galegas, a festa máis importante da nosa literatura, que este ano homenaxea a figura do poeta de Guitiriz Xosé María Díaz Castro.

Receitas infantís: filloas con iogur

Quen dixo que as filloas eran só para o Entroido? En calquera época de ano, son unha excelente alternativa para preparar unha merenda divertida e diferente para os pequenos da casa. Ademais, divertiranse como nunca axudándovos a preparalas!

Pequenos grandes cociñeiros… con Feiraco!

Acordádesvos de Belén e Roi, os protagonistas dos contos #deondevénoleite? Pois agora están aprendendo a cociñar! Os dous nenos, sempre coa axuda supervisión dun adulto, vannos ir ensinando unha morea de receitas sinxelas e doadas de preparar especialmente pensadas para facer en familia. Ben sexa como plan para un día de choiva ou ben como entretemento…

Vive a aventura do Entroido con Feiraco!

Como nos gusta isto de disfrazarnos! Por terceiro ano consecutivo, distribuímos unha edición especial dos nosos envases de leite Feiraco con motivo da celebración do Entroido. Pirata, superheroe e shériff… Quen non se disfrazou algunha vez dalgún destes tres personaxes míticos? Pois as nosas vacas aínda non o fixeran!

Como se alimenta un xeito de ser?

Preguntástesvos algunha vez que hai detrás dun slogan publicitario? ‘Alimentando un xeito de ser’ é algo máis que unha frase bonita e atraente que soa ben nos medios de comunicación. Dende logo, ese non era o noso obxectivo principal cando nos puxemos mans á obra a traballar na nosa última campaña de publicidade.

De onde vén o leite?

Do frigorífico? Do supermercado? Máis alá das bromas habituais, en Feiraco estamos convencidos de que a maioría dos nenos galegos si coñecen cal é a orixe do leite.